
O proxecto vai dirixido en dúas liñas de actuación que se detallan do seguinte xeito:
- Incorporar equipamento e adaptalo a unha liña de procesado de peixe (limpado, eviscerado, cortado e ultraconxelado) sobre todo centrado na raia e nos lomos de merluza, procedentes da pesca artesanal, aínda que tamén se conta procesar outros peixes como sería a robaliza e o linguado.
- Creación dunha nova marca colectiva: peixes e mariscos MAR DE LIRA, que axudará a diferenciar este tipo de produtos e valorar a súa orixe da pesca artesanal da zona de actuación da confraría de Lira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é a mellora competitiva da actividade de procesado de produtos procedentes da pesca costeira artesanal mediante a adecuación das instalacións e equipamentos para sacar ao mercado novos produtos: peixe conxelado (fundamentalmente raia, pescada, robaliza e linguado) baixo a marca colectiva a crear no proxecto denominado MAR DE LIRA.
Co desenvolvemento do proxecto espérase conseguir os seguintes resultados:
-Crear unha nova marca colectiva que axude a diferenzar e valorizar os produtos procedentes da pesca costeira artesanal no noso ámbito de actuación: peixes (limpado, eviscerado, cortado e ultraconxelado) para sacar ao mercado novos produtos: raia conxelada, lombos de pescada, robaliza ou linguado artesanal conxelada, etc. todos eles baixo a marca MAR DE LIRA.
-Diversificar a actividade da planta de procesado para non depender soamente dunha especie, o polbo. Esto permitirá seguir con actividade nas épocas de paro biolóxico do polbo e en épocas de escaseza do recurso.
-Consolidar e aumentar o emprego en torno á actividade do procesado.
-Aumentar a cifra do negocio da planta de procesado.
O proxecto consistirá na mellora competitiva da actividade de procesado de produtos procedentes da pesca costeira artesanal que actualmente realiza a confraría de Lira, mediante a adecuación das instalacións e adquisición de de equipamento para sacar ao mercado novos produtos: peixe conxelado (fundamentalmente raia conxelada, lombos de pescada artesanal conxelada, etc. todos eles baixo a marca MAR DE LIRA.
Para elo a execución do proxecto basearase nas seguintes accións:
-Equipamento e adecuación para liña de procesado de peixe (limpado, eviscerado, cortado e ultraconxelado) na que se realizará a produción da raia conxelada. lombos de merluza artesanal conxelada, etc., todos eles baixo a MAR DE LIRA.
-Creación dunha nova marca colectiva que axude a diferenzar e valorizar os produtos procedentes da pesca costeira artesanal no noso ámbito de actuación: peixes e mariscos MAR DE LIRA.
Para executar de forma exitosa o proxecto e as dúas accións principais levaranse a cabo as seguintes actividades:
ACTIVIDADE 1: Adquisición de envasadora ao baleiro para a liña de peixe conxelado.
Dentro desta actividade contémplanse as seguintes adquisicións:
-Envasadora ao baleiro de dobre cámara: envasadora ao baleiro de dobre cámara e dobre soldadura sammic modelo SU6160. Bomba de baleiro BUSCH 155M3/H. Alimentación trifásica a 380V. Atmósfera progresiva y control de gas inerte.
Este elemento é necesario durante o procesado e da raia envasada ao baleiro e conxelada.
ACTIVIDADE 2: Adecuación do portal de acceso ás instalacións.
Dentro desta actividade contémplanse os seguintes equipamentos:
-Renovación/ampliación da porta seccional de acceso: porta seccional residencial con porta de acceso peonil. Panel de aluminio con rotura de ponte térmico. Equipada con tensor de cable regulable de aluminio. Ferraxes inox con motor de tiro con cadro de maniobras.
Este elemento é necesario para adaptar o tamaño da porta de acceso ás instalacións ao novo volume de produto que se manipulará coa liña de procesado de peixe conxelado.
ACTIVIDADE 3: Nova Marca Colectiva de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal costeira.
Desenvolverase unha Marca Colectiva, denominada MAR DE LIRA, coa que se identificarán e valorizarán os produtos procesados na nova liña de produción, fundamentalmente raia eviscerada, cortada e conxelada en bandexas e lombos de pescada, robaliza e linguado.
O desenvolvemento da marca incluiráo Manual de Usos da mesma.
Para poder lograr unha diferenciacións de noso produto e darlle o valor que se merece no mercado (produto procedente da pesca artesanal costeira e procesado polo propio sector pesqueiro) é imprescindible gozar dunha marca distintiva.
ACTIVIDADE 4: Deseño do Manual de Identidade Corporativa (MIC) da nova Marca Colectiva MAR DE LIRA.
A execución do proxecto nos permitirá definir a imaxe corporativa coa que se identificará a nova marca MAR DE LIRA. O manual incluirá todas as aplicacións necesarias para destacar o produto no mercado: logotipo, aplicacións de papelería, caixas de embalaxe. etiquetas de produto, furtón, etc.
ACTIVIDADE 5: Adaptación do actual sistema de trazabilidade e etiquetado aos novos produtos de desenvolvemento web.
Modificarase o sistema de pesaxe, etiquetado e trazabilidade para adaptalo aos novos produtos que se procesarán: engadir ao mestre de especies as novas especies, deseñar e implementar as novas etiquetas. Ademais, implataranse a web onde se poderá consultar online a información individual de trazabilidade.
Esta acción é indispensable para cumprir con:
- a etiquetaxe legal esixible aos novos produtos.
- o obxectivo de trasparencia e claridade respecto da trazabilidade e orixe do produto que vimos ofrecendo ao cliente final, consumidor de nosos produtos.
Obxectivo Estratéxico 1: Sector Pesqueiro
1.1.1. Mellora da competitividae e da innovación na industria pesqueira local.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)