
O proxecto ten como finalidade a adecuación e equipamento dun espazo actualmente en desuso na planta alta da lonxa da Confraría de Lira, co obxectivo de crear unha zona específica para a promoción e divulgación dos produtos da Reserva dos Miñarzos.A actuación contempla a adecuación dun espazo diáfano con acceso independente e a instalación dunha cociña profesional, equipamento e enxoval necesario, así como unha zona de traballo para o desenvolvemento de actividades de promoción, demostracións e experiencias gastronómicas.
Sexo promotor:
Muller
Home
Home
Idade promotor:
< 40 anos
> 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación:
Sí
Non
Non
Diversificación da actividade pesqueira:
Si
Non
Non
Emprego creado (ETC):
Si
Non
Non
Nº emprego creado (ETC):
-
Emprego mantido (ETC):
Si
Non
Non
Nº emprego mantido (ETC):
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron:
non
Principais obxectivos do proxecto:
- Promover os produtos da Reserva dos Miñarzos durante todo o ano, ampliando a variedade de produtos promocionados e mellorando a súa valorización.
- Incrementar as vendas da Confraría e abrir novos mercados, especialmente para os produtos da tempada de inverno, mediante novos acordos de distribución.
- Mellorar a calidade e operatividade das xornadas de promoción e degustación, facilitando o traballo do persoal da Confraría.
- Reforzar a identidade e imaxe de calidade dos produtos da Reserva dos Miñarzos, destacando as súas características e cualidades gastronómicas.
- Fomentar a colaboración entre entidades e empresas do sector e contribuír á dinamización económica da localidade, especialmente fóra da tempada turística.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
- Dispoñer dun espazo específico de promoción, que mellore a operatividade das actividades e permita ampliar a súa realización ao longo de todo o ano e a variedade de produtos promocionados.
- Dinamizar a localidade e o porto, incrementando a oferta de actividades e favorecendo a participación da poboación.
- Poñer en valor a Reserva dos Miñarzos, sensibilizando sobre a súa importancia, conservación e sobre a necesidade de evitar o furtivismo e as malas prácticas.
- Xerar novas alianzas e acordos comerciais con lonxas e empresas do sector, favorecendo a comercialización dos produtos e o incremento dos ingresos.
- Contribuír á viabilidade e ao sostemento da pesca costeira artesanal, xerando maior valor engadido e fortalecendo a actividade do sector.
Principais actividades do proxecto:
- Xornadas de degustación e promoción dos produtos da Reserva dos Miñarzos durante a tempada de verán, mellorando a experiencia do público e achegándoo ao proceso de preparación dos produtos.
- Eventos de promoción específicos durante a tempada de inverno, centrados nos diferentes produtos na súa época de maior dispoñibilidade, co fin de destacar as súas características e cualidades gastronómicas.
- Misións comerciais inversas para achegar profesionais do sector aos produtos da Reserva dos Miñarzos e favorecer novos acordos de comercialización.
- Showcookings e xornadas de promoción e formación gastronómica, destinados tanto á poboación local como aos visitantes, para divulgar as posibilidades culinarias dos produtos e facilitar o seu consumo e preparación no ámbito doméstico.
- Xornadas de promoción conxunta das marcas e produtos do territorio do GALP Costa Sostible, fomentando a colaboración entre confrarías e a difusión dos produtos pesqueiros locais.
- Dinamización da actividade da localidade e do sector pesqueiro, mediante actividades abertas á poboación e accións que favorezan a valorización dos produtos, o incremento do seu consumo e das vendas.
Obxectivo estratéxico da EDLP:
Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca
Obxectivo específico da EDLP:
1.3.1. Promoción en mercados obxectivo das marcas locais e dos produtos da pesca costeira artesanal así coma dos hábitos alimentarios saudables.
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático:
Si
Non
Non
Igualdade de xénero:
Si
Non
Non
Discriminación:
Si
Non
Non
Favorecer a inclusión social:
Si
Non
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020:
Si
Non
Non
Contribución:
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

