Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Ampliación de negocio Pescados Rivas

O proxecto consta de tres actividades:
1. Por unha banda está a actividade que se vén realizando na empresa, que consiste basicamente na compravenda de peixe e marisco.  Esta actividade vai a continuar como ata agora, mellorada coas novas instalacións, que permiten ter espazos adecuados para a loxística do produto e cun novo camión, que permite ampliar os kilos de produto transportado e de xeito máis eficiente.
2. Esta segunda actividade resulta da demanda que realizan algúns dos clientes actuais e refíerese á incorporación de algún proceso de transformación do produto. Neste primeiro paso introducimos o envasado do produto para poder comercializalo en formatos diferentes que se adaptan de mellor xeito a certo tipo de cliente
3. E por último temos a peixería de venda polo miúdo, que é unha actividade complementaria que tamén tiña moita demanda na zona e que vai a traer ingresos adicionais á empresa cun esforzo relativamentre pequeno posto que o produto que se vai a vender ao cliente final xa o temos adquirido para a actividade principal da empresa. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Manuel Jesús Domínguez Buiturón
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Persoa física
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Medio Rural e do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro, e
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
26/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
13
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Concello de Fisterra

 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
190.178,44 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
189.881,99 €
Total axuda pública aprobada (€): 
69.876,57 €
% Subvención: 
36,8
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
59.395,08 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
10.481,49 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Posta en valor da pesca costeira artesanal a través da comercialización e transformación dos productos pesqueiros e creación dunha peixería que favorecera a comercialización dos produtos procedentes desta arte preto do porto de Fisterra e que tratará de sensibilizar ao consumidor final do valor dos recursos vendidos, e da tendencia a desaparicións dos mesmos, si non se respecta a normativa establecida.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Mellora da comercialización baseada no produto procedente da pesca costeira artesanal e concretamente na produción de Fisterra
-Reforzo no posicionamento da pesca costeira artesanal en novos mercados nacionais a través da ampliación de negocio e a  oferta de novos productos levada a cabo por Pescados Rivas.
-Satisfacer a demanda dos actuais clientes sobre todo a través da nova zona de envasado e a demanda de novos clientes a través da peixería de venda polo miudo.
-Sensibilizar ao consumidor final da importancia da preservación dos recursos pesqueiros e do medio ambiente para garantir a pervivencia desta arte de pesca.
- Xerar sinerxías con outras entidades do sector pesqueiro como pode ser a lonxa de Fisterra debido á proximidade entre ambos establecementos.
- Contribuír á creación e o mantemento de emprego relacionado directamente co sector pesqueiro.

Principais actividades do proxecto: 

Pescados Rivas é unha empresa referente da comercialización de Peixe e marisco en Fisterra. A empresa foi adquirida a finais do ano 2018 por Manuel Jesús Domínguez Buiturón como unha continuación de negocio, conservando aos clientes, provedores e empregados da mesma. Agora a empresa, dous anos despois da súa adquisición, quere levar a cabo un proxecto de ampliación, que está baseado en tres eixos principais:
1. Traslado e ampliación das instalacións da empresa. A empresa pasa dun local alugado de en torno a 100 metros cadrados a un local de 330 metros cadrados que ademais é da súa propiedade, xa que é un investimento que acaba de realizar. Por tanto, este é un paso importante na historia da empresa. Este local baleiro precisa ser reformado para o correcto desenvolvemento da actividade é a adecuación das súas actividades, precisa ser amoblado, precisa facer un investimento en maquinaria e precisa da compra dun novo camión para o traslado do produto dende a lonxa á nave e dende a nave aos clientes.
2. Neste proceso de ampliación e agora coas novas instalacións, iníciase por primeira vez na empresa o proceso de envasado de produto. Esta iniciativa xorde fundamentalmente da demanda dalgúns clientes, oferta que se pode estender a todos eles, e tamén estratexia que pode facer captar, ademais, novos clientes. Para iso dentro das novas instalacións haberá unha zona de obradoiro de envasado e resultará precisa a adquisición de maquinaria para a realización do proceso.
3. Por último, e non menos importante, está a creación dunha peixería referente do produto da zona que estará localizada na parte do local que conecta directamente coa rúa e que supón unha grande sinerxia coa súa actividade porque toda a parte de aprovisionamento de produto xa se realiza de xeito habitual na actividade principal de Pescados Rivas e é un xeito de achegar ese novo produto e esa cultura do peixe e do marisco directamente ao consumidor final, o cliente de Fisterra pero tamén a calquera visitante que poida residir temporalmente na zona. A peixería é posible agora debido á ampliación sdas instalacións onde se colocarán expositores, frigoríficos e mesas de traballo para ofertar un servizo da mellor calidade, pondo en valor do territorio de Fisterra os recursos do mar.
O desenvolvemento do proxecto dará lugar a creación dun posto de traballo que contribuirá o asentamento da poboación no territorio. Con todo isto, a filosofía do proxecto pon en valor do peixe e mariscos sobre todo a nivel nacional pero tamén a nivel internacional e difundirase a nivel de empresas e consumidores finais. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Sector Pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Fomento dun sector pesqueiro sostible ambientalmente, eficiente no uso dos recursos, innovador, competitivo e baseado no coñecemento

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)