
O proxecto céntrase na construción dun Centro de Interpretación da Cultura Tradicional Mariñeira, que acollerá a lancha xeiteira "Canle", unha embarcación tradicional construída integramente en madeira, garantindo a súa conservación e mantendo vivo o patrimonio marítimo da parroquia de Lira.
O edificio funcionará como un espazo de divulgación da cultura mariñeira e marítima, acollendo exposicións, conferencias, presentacións literarias e audiovisuais, así como eventos de promoción dos produtos do mar da contorna. O obxectivo é poñer en valor as tradicións mariñeiras e fomentar o coñecemento sobre o mar.
Ademais, será un lugar aberto á innovación e á colaboración, permitindo o desenvolvemento de proxectos vinculados ao ámbito mariño, preservando tanto o legado material como inmaterial asociado á xeiteira e á cultura mariñeira local. Deste xeito, xeraranse novas oportunidades de formación, divulgación e cohesión social, fortalecendo o tecido asociativo e comunitario da contorna
A cultura marítima forma parte integral da comunidade parroquial de Lira e da súa comarca. Hai vinte anos, a Asociación Cultural Canle iniciou a construción dunha réplica das lanchas xeiteiras, embarcacións tradicionais da zona, coa axuda da Consellería do Mar. Desde entón, a embarcación Canle participa en actividades de iniciación á navegación tradicional a vela e nos Encontros de Embarcacións Tradicionais organizados por Culturmar ao longo da costa galega.
A embarcación, construída integramente en madeira, require mantemento continuo, que se realizará no interior do futuro Centro de Interpretación. Estas tarefas serán visitables e acompañadas de actividades explicativas, reforzando a implicación da comunidade e ofrecendo un enfoque innovador de divulgación do patrimonio marítimo.
O Centro contará cunha exposición permanente de fotografías do litoral, embarcacións e profesionais da pesca local, así como outros bens materiais e inmateriales relacionados coa cultura mariñeira de Lira. Ademais, acollerá exposicións itinerantes e actividades culturais abertas ao público, fomentando a cohesión social e a participación activa da comunidade, ao tempo que transmite o valor do patrimonio marítimo a veciños e visitantes.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Conservar e divulgar o patrimonio marítimo da contorna, destacando a lancha xeiteira "Canle" e toda a cultura mariñeira e asociada.
Crear un espazo divulgativo aberto á comunidade e visitantes que poña en valor a relevancia do patrimonio material e inmaterial do mar de Lira.
Dinamizar social e culturalmente a parroquia de Lira e a súa contorna, fortalecendo o tecido asociativo e promovendo a participación de toda a comunidade.
Promover a pesca artesanal e valorizar os produtos do mar e os oficios mariñeiros.
Fomentar un turismo cultural e sostible que complemente a oferta existente e contribúa á economía local.
Integrar criterios de sostibilidade ambiental, accesibilidade universal e igualdade de xénero no deseño e funcionamento do proxecto (incluíndo a visibilización do papel das mulleres do mar -redeiras, mariscadoras, xestoras e líderes...- e garantindo a participación equilibrada de homes e mulleres nas actividades).
1. Establecemento dun Centro innovador que funcionará como punto de encontro para a comunidade, dinamizando a vida social e cultural da contorna.
2. Mantemento da lancha xeiteira "Canle" e difusión das tradicións mariñeiras, fortalecendo a identidade cultural local e contribuido á preservación do patrimonio marítimo.
3. Fomento da accesibilidade e participación equilibrada de xénero, promovendo a cohesión social.
4. Provisión de actividades que enriquecen a oferta cultural, mellorando a calidade de vida dos habitantes e promovendo un turismo de calidade e máis desestacionalizado.
5. Promoción dos produtos pesqueiros e acuícolas locais, favorecendo o desenvolvemento económico.
6. Consolidación de alianzas con entidades do sector pesqueiro, educativo e cultural, potenciando o traballo en rede.
7. Aumento da conciencia sobre a importancia do patrimonio mariño e a conservación ambiental.
O proxecto consiste na construción dun Centro de Interpretación da Cultura Mariñeira de aproximadamente 253 m², inspirado nos antigos estaleiros da costa, que integrará a lancha tradicional “Canle”, áreas de exposición, despachos e aseos accesibles, así como o equipamento necesario para o seu funcionamento como espazo cultural e educativo. O centro permitirá a conservación e restauración da embarcación, facendo accesible ao público o proceso de coidado e reforzando a identidade e patrimonio local. Haberá unha exposición permanente sobre o litoral, os barcos do xeito e a pesca artesanal de Lira, complementada con recursos interpretativos. Ademais, organizaranse actividades culturais e educativas periódicas, incluíndo charlas, proxeccións e eventos formativos, e promoverase a colaboración co sector pesqueiro mediante xornadas de divulgación e promoción dos produtos do mar. Beneficiarios do proxecto son a veciñanza de Lira e da comarca, así como visitantes, investigadores e persoas interesadas na cultura marítima.
Obxectivo Estratéxico 4. Cultura & Benestar
4.2. Posta en valor da cultura mariñeira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


