
O proxecto ten como finalidade a creación e acondicionamento dun espazo específico para a promoción directa dos produtos da pesca costeira artesanal da Confraría de Corcubión, mediante a ampliación dunha planta do edificio destinado a oficinas e atención ao público. O novo espazo contará con cociña profesional, equipamento para demostracións gastronómicas, mobiliario e medios audiovisuais, permitindo desenvolver actividades de promoción e divulgación dos produtos pesqueiros, dirixidas tanto ao sector da restauración como á poboación local e aos visitantes.A actuación permitirá poñer en valor os produtos pesqueiros de Corcubión, a súa procedencia e o papel dos pescadores, e terá tamén un carácter colaborativo, estando á disposición doutras confrarías e empresas do sector para o desenvolvemento de actividades de promoción, favorecendo o traballo en rede e a xeración de novas oportunidades comerciais.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Converter a lonxa de Corcubión nun espazo atractivo de promoción directa, reforzando a identidade e procedencia dos produtos da pesca costeira artesanal.
- Incrementar as vendas da Confraría e captar novos mercados, especialmente no ámbito da restauración.
- Reforzar o papel e a visibilidade da Confraría como entidade representativa do sector pesqueiro.
- Fomentar a colaboración entre entidades e empresas do sector, xerando novas oportunidades e intereses comúns.
- Mellorar a percepción do sector pesqueiro, poñendo en valor o papel dos pescadores e proxectando unha imaxe moderna e integradora da actividade.
- Contribuír á dinamización económica da localidade e ao fortalecemento do sector pesqueiro, favorecendo un maior vínculo entre a lonxa, os pescadores, a poboación e o territorio.
- Crear un espazo innovador e atractivo de promoción, que incremente a visibilidade do sector pesqueiro e facilite a captación de novos nichos de mercado.
- Incrementar as vendas da Confraría mediante a promoción directa dos seus produtos.
- Reforzar o mantemento da flota e dos socios da Confraría, dando aos pescadores un papel protagonista nas actividades de promoción e divulgación.
- Xerar novas alianzas e acordos comerciais con outras lonxas e empresas do sector, favorecendo o incremento de ingresos e a optimización dos custos.
- Contribuír ao sostemento e á viabilidade da pesca costeira artesanal.
- Dinamizar o porto e a localidade, convertendo o novo espazo de promoción nun atractivo máis para a poboación e os visitantes.
- Construción, acondicionamento e equipamento do novo espazo de promoción dos produtos da pesca costeira artesanal.
- Instalación de elementos informativos e promocionais na lonxa, destinados a mellorar a visibilidade dos produtos, da actividade pesqueira e do papel dos pescadores.
- Realización de demostracións gastronómicas para a promoción directa dos produtos pesqueiros, dirixidas especialmente ao sector da restauración, á poboación local e aos visitantes.
- Desenvolvemento de actividades de promoción a cargo dos propios pescadores, mediante a elaboración de receitas tradicionais e a divulgación da súa experiencia e dos métodos de captura.
- Realización de accións de promoción conxunta con outras confrarías, lonxas e empresas do sector, favorecendo a colaboración e a creación de novas oportunidades comerciais.
- Organización de actividades lúdico-educativas para achegar á poboación, especialmente aos máis novos, o coñecemento do mar, dos produtos pesqueiros e da cultura mariñeira.
- Accións de dinamización e divulgación da actividade pesqueira, contribuíndo a incrementar a visibilidade da lonxa e o atractivo do porto como espazo de interese para a poboación e os visitantes.
Obxectivo Estratéxico . Sector da Pesca
1.3. Promoción dos produtos locais da pesca costeira artesanal e da saúde e calidade alimentarias
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

