Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Galp Costa Sostible organiza cursos de Turismo Mariñeiro para os profesionais da pesca e o marisqueo poidan exercer de guías

O Galp Costa Sostible (do que forman parte os concello de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son) ven de promover cursos de formación especializados en Turismo Mariñeiro, para que os profesionais do marisqueo a pé e pesca turismo poidan capacitarse e obter un complemento económico á súa labor diaria, facendo visitas nas que amosen aos visitantes como é o seu traballo e a súa forma de vida.

Na modalidade de marisqueo a pé temos 4 cursos de 20 persoas, e  no caso de pescaturismo haberá 2 cursos de 10 prazas cada un. A estrutura de ambos é similar, e divídese en tres módulos

  • Módulo de formación (impartirase de forma intensiva durante unha semana, en horario de mañá ou de tarde).
  • Módulo de titorías especialidades.
  • Módulo práctico para levar a cabo unha experiencia de turismo mariñeiro xa en funcionamento en Galicia.

Os cursos de Turismo Mariñeiro presentaranse en dúas xornadas, que terán lugar o vindeiro 8 de febreiro no seguinte horario e lugares:

  • Ás 16:30 horas nas instalacións do Galp en Noia.
  • Ás 19:00 horas na Lonxa de Muros.

Para máis información, pódese contactar co GALP Costa Sostible no seguinte enderezo:

Rúa Espírito Santo,4

15.200 - Noia (A Coruña)

Teléfono: 981 822 754 / email: xerencia@costasostible.com

Achegamos as ligazóns para insrición aos cursos:

TURISMO MARIÑEIRO A PÉ

FORMULARIO DE INSCRICIÓN. CURSO TURISMO MARIÑEIRO MARISQUEO A PÉ (google.com)

PESCATURISMO

FORMULARIO DE INSCRICIÓN. CURSO DE PESCATURISMO (google.com)