venres, 3 de Xullo de 2020 - 01:07

Reunida a Xunta Directiva do GALP Seo Fisterra Ría Muros Noia.Costa Sostible na data do 19 de xuño de 2020 para elaborar a proposta de resolución provisional, e na data do 3 de xullo de 2020 para realizar a proposta de resolución definitiva, aprobou elevar á Consellería do Mar a proposta de resolución definitiva da primeira convocatoria de axudas do ano 2020.
Proposta de resolución definitiva
A presente proposta de resolución definitiva publicada no taboleiro de anuncios do GALP, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.