Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional de concesión de axudas do Galp Costa Sostible. Convocatoria 2023

A Xunta Directiva do Galp Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible, en reunión celebrada o 27 de novembro de 2023 en Muros, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na "Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexuas de Desenvolvemento Local Participativo (EDPL), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Marítimo de Pesca e de Acuicutura 2021-2027, e se convocan as correspondentes para o ano 2023.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL

AVALIACIÓN DE PROXECTOS

 

Esta proposta da Xutnta Directiva para proxectos da convocatoria de setembo de 2023 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anunción da oficina do Galp Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible.

Tal como se reflicte no artigo 20.1 da Orde de axudas do 14 de setembro de 2023 da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a súa publicación. De non haber alegacións, finalizado o prazo indicado a proposta será definitiva de conformidade co artigo 20.2 da citada Orde.