Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional de concesión de axuda do Galp Costa Sostible, Convocatoria 2024

A Xunta Directiva do Galp Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible, en reunión celebrada o 10 de abril de 2024 en Muros, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e o estipulado na "Orde do 28 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes para o ano 2024.

RESOLUCION PROVISIONAL

AVALIACION DE PROXECTOS

 

Esta proposta da Xunta Directiva para proxectos da convocatoria de 2024 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do Galp Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible.

Tal como se reflicte no artigo 20.1 das Orde de axudas do 28 de decembro da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a súa publicación. De non haber alegacións, finalizado o prazo indicado a proposta será definitiva de conformidade co artigo 20.2 da citad Orde.