Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROXECTO INTERXERACIONAL EDUCACIÓN AMBIENTAL

O proxecto Pinea é un proxecto  interxeracional de educación ambiental. Nace da necesidade  de educar á sociedade nas consecuencias e problemáticas dos residuos no mar e o exceso de consumo, levando a cabo iniciativas innovadoras de integración con programas interxeracionais, que favorezan a colaboración, cooperación e apoio entre distintas xeracións da comarca e persoas con e sen discapacidade.

Responde a unha educación non formal, cos colectivos da terceira idade, centros educativos e persoas con discapacidade. O obxectivo xeral consiste en integrar na sociedade aos usuarios da entidade promotora  a través a sensibilización ambiental, favorecendo as relacións cos maiores e os mozos.

Datos xerais
Acrónimo: 
PINEA
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Entidade de carácter social
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
18/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
18
Anualidades: 
2023-2024-2025
Data fin de execución: 
30/04/2025
Ámbito de aplicación: 

Concellos de Muros, Carnota e Outes.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
85.870,48 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
76.440,28 €
Total axuda pública aprobada (€): 
61.152,22 €
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
42.806,55 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
18.345,67 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral no que se fundamenta este programa e a súa metodoloxía é:

  • Contribuír á formación e sensibilización dunha cidadanía ética e responsable, fronte ao manexo sostible dos residuos, e o impacto das actividades humanas no medio mariño a través dun programa de integración interxeracional onde se pretende favorecer a integración dos usuarios da entidade promotora  como cidadáns responsables.

Para a consecución deste obxectivo se definen os seguintes obxectivos específicos:

  • Asumir compromisos para a redución do consumo e dos residuos.
  • Favorecer unha axeitada percepción dos problemas socioambientais.
  • Dotar de competencias chave en sostibilidade.
  • Promover o pensamento crítico, a ética do consumo e boas prácticas socioambientais.
  • Adquirir pautas de redución, reutilización e reciclaxe de residuos plásticos (RRR).
  • Establecer relación causa-efecto cos patróns de consumo diario.
  • Concienciar sobre a necesidade de levar a cabo un correcto reciclaxe.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O principal resultado e conseguir a interacción das persoas con necesidades especiais , mozos e colectivos de maiores  a través dun fío condutor que será o  coidado do medio mariño.

En relación aos obxectivos específicos, establécense os seguintes indicadores e resultados esperados, entre os participantes no programa.

Nº de persoas que reduciron o consumo de residuos plásticos no seu día a día (resultado  esperado: 60%).

Nº de persoas con maior conciencia dos problemas socioambientais (resultado esperado: 40%).

Nº de persoas que saben explicar o que significa a sustentabilidade (resultado esperado: 30%).

Nº de persoas que aumentaron a reciclaxe no seu fogar (resultado esperado: 60%).

Nº de persoas que amosan actitudes de interese e coidado polo medio (resultado esperado: 70%).

Nº de persoas con actitudes de reutilización de residuos plásticos (resultado esperado: 60%).

Principais actividades do proxecto: 

A interacción entre as persoas con necesidades especiais, mozos e colectivos de maiores  estruturase a través do seguinte  programa formativo

  1. Somos o que facemos.
  2. Efectos do plástico na zona do Barbanza.
  3. Saída – Limpeza de praias.
  4. Saída –  Aula Sostible.
  5. Lei das 3.R

-Charlas sobre os conceptos de reducir, reciclar e reutilizar.

-Dinámica dos contenedores e residuos.

  1. Embotéllame.

-Reciclado de botellas

  1. Xornadas deportivas.

-Dinámicas e actividades deportivas baseadas na aprendizaxe e práctica da reciclaxe

  1. A sostibilidade

-Xinkana de actividades como a oca, memoplastic, bingoresidual….. cuxa temática serán os residuos, a reciclaxe e a sostibilidade

  1. Marplástico

-Coñecer os efectos de plástico no mares

-Charla en colaboración con Mares da Fin do Mundo

  1. Todo pode ser circular.

-Coñecer as empresas que se dedican en Galicia á economía circular

  1. Avaliación final/peche.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 5. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Obxectivo específico da EDLP: 

5.2.Avance na igualdade  de xénero e na inclusión social

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)