Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RECONSTRUCCIÓN DUN BARCO SANCOSMEIRO E RECUPERACION DA CARPINTARIA DE RIBEIRA

Proxecto baseado na reconstrución dun sancosmeiro (embarcación autóctona dos estaleiros de ribeira do concello) e accións formativas como elemento para recuperar e manter viva a profesión da carpintaría de ribeira e a gravación de vídeos didácticos durante a construción e a formación.

A execución deste proxecto parte dun acordo de colaboración entre o concello de Outes e a Asociación Cívico Cultural Terra de Outes. Cabe salientar tamén a colaboración que vai ter a Asociación Galega da Carpintaría de Ribeira AGALCARI na achega de planos orixinais e a coordinación cos estaleiros galegos para a futura construción da embarcación.

Datos xerais
Acrónimo: 
SANCOSMEIRO
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE OUTES, E ASOCIACION CÍVICO CULTURAL TERRA DE OUTES
Datos de interese: 
https://www.outes.gal/es/anuncios http://www.terradeoutes.com
Perfil empresarial: 
Proxecto conxunto presentado por un concello e unha asociación cultural
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
15/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
-
Anualidades: 
2024-2025
Data fin de execución: 
-
Ámbito de aplicación: 

Local

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
-
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
-
Total axuda pública aprobada (€): 
-
% Subvención: 
-
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
-
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
-
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Recuperación dunha embarcación tradicional da Ría de Muros-Noia.

Preparar unha mariña de embarcacións tradicionais no Espazo Museístico de Ribeira Estaleiro Ciprián.

Facer do Espazo Museístico de Ribeira Estaleiro Ciprián un museo vivo e con actividades na súa contorna, no tinglado e na ría.

Promover a recuperación da memoria dos antigos carpinteiros de ribeira a través da gravación de vídeos no proceso constructivo.

Formar a persoas na carpintería tradicional de ribeira para que podan axudar na recuperación e rehabilitación doutras embarcacións tradicionais.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Dinamizar o Espazo Museístico de Ribeira Estaleiro Ciprián.

Mellorar a percepción das embarcacións tradicionais e de madeira.

Atraer visitantes ao concello de Outes para que podan navegar nunha antiga embarcación autóctona dos nosos estaleiros

Principais actividades do proxecto: 

A actividade principal é a reconstrución  dun sancosmeiro, embarcación autóctona dos estaleiros de ribeira do concello de Outes, que a día de hoxe non se pode atopar ningunha.

A partir desta reconstrución preténdese recuperar a memoria da carpintería de ribeira tradicional, así como a profesión de carpintería de ribeira. Para logralo vaise programar un itinerario formativo e durante a fabricación do sancosmeiro impartiranse clases teórico/prácticas no espazo museístico.

Os beneficiarios son múltiples e a continuación se expoñen:

Formación: público en xeral, membros da Asociación de Terra de Outes que se dedican á recuperación de embarcacións tradicionais.

Esta embarcación ademais levará unha innovación que non tiñan os antigos sancosmeiros, unha rampla de acceso para cadeiras de roldas e persoas con mobilidade reducida que contarán cun espazo na cuberta na que poidan navegar con seguridade na súa cadeira de rodas. Preténdese ofrecer a experiencia de navegación ás asociacións da bisbarra que traballan con persoas con diversidade funcionais.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 4. Cultura & Benestar

Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo

Obxectivo específico da EDLP: 

4.2. Posta en valor da cultura mariñeira.

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)