
O edificio que acolle a lonxa de Fisterra está deseñado para facilitar as visitas turísticas e a observación das poxas. Conta cun percorrido independente que permite ao visitante acceder e circular pola lonxa sen interferir na actividade, ofrecendo unha visión directa da disposición e manexo do peixe, así como do desenvolvemento en vivo das poxas.
Para impulsar novamente as visitas, é necesario partir do recoñecemento das debilidades do modelo anterior:
- Apertura irregular ao longo do ano.
- Falta de elementos que motiven ao turista a entrar.
- Recepción nun espazo pouco acolledor.
- Ausencia de medios técnicos para o persoal de atención.
Estas carencias tradúcense nunha escasa achega de valor do persoal á experiencia turística, cun resultado pouco satisfactorio para o visitante e un retorno insuficiente en relación ao esforzo económico da confraría.
Este proxecto busca mellorar os elementos de promoción, motivación e recepción para que a visita á lonxa de Fisterra se perciba como unha experiencia atractiva. Ademais, proponse un novo modelo de prestación do servizo que descargue á confraría das tarefas de xestión diaria, evitando custos excesivos ou déficit económico.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral:
- Dotar de contidos as visitas á lonxa de Fisterra, transformándoas nun produto turístico atractivo, visual e enriquecedor.
Obxectivos específicos:
- Poñer en valor a actividade do sector pesqueiro de Fisterra mediante unha visita profesionalizada e experiencial.
- Fomentar a interacción entre os tres espazos de acceso público vinculados á pesca en Fisterra: Lonxa, Museo da Pesca e Mercado Mariñeiro.
- Contribuír á profesionalización do turismo mariñeiro na área do Galp Costa Sostible.
Incrementar as vendas no mercado e a afluencia aos establecementos de restauración locais, a través da observación e experiencia directa co peixe na lonxa
Converter as visitas á lonxa nun atractivo principal para os visitantes de Fisterra.
· Implantar un sistema de rexistro de visitantes mediante códigos QR.
· Establecer un itinerario integrado de visitas entre a lonxa, o Mercado Mariñeiro e o Museo da Pesca.
· Posicionar a lonxa de Fisterra como un referente na recepción e atención a visitantes.
· Consolidar o turismo mariñeiro no ámbito territorial do Galp Costa Sostible.
O proxecto céntrase en mellorar a experiencia das visitas á lonxa a través de dous grandes bloques de actuación:
1. Novo entorno de motivación e recepción:
- Renovación da fachada e do espazo de recepción para facelo máis acolledor, funcional e visualmente atractivo.
- Instalación de elementos exteriores de promoción: monolito informativo, cubo QR para a compra de entradas e un “selfie-longueirón” como reclamo visual e fotográfico.
- Creación dunha estación de entrada accesible, con torno bidireccional adaptado a cadeiras de rodas.
- Módulo interior de recepción, información e despedida, con pantallas para a proxección de vídeos de benvida e despedida, portas automáticas e vinilos informativos sobre a lonxa e o sector pesqueiro.
2. Automatización dos procesos de visita:
- Implementación dunha tenda en liña para a compra de entradas mediante códigos QR, que xerarán un acceso único para cada visitante.
- Tarxetas con QR para membros da confraría e convidados, garantindo un acceso diario e controlado.
- Acceso á lonxa mediante torno automático que valida os QR en tempo real.
- Saída automatizada e controlada da lonxa.
- Emisión remota de vídeos de benvida e despedida nas pantallas da lonxa mediante un sistema automatizado.
En conxunto, estas actuacións buscan profesionalizar a recepción de visitantes, mellorar a experiencia turística e facilitar a xestión da lonxa sen incrementar a carga de traballo da confraría.
Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación
|
2.1. Integración do sector da pesca con outros sectores económicos |
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

