
O proxecto fundaméntase no desenvolvemento de dúas actividades complementarias que consistirán na posta en funcionamento dunha instalación industrial formada polo equipamento técnico preciso para a realización das tarefas de depuración e embolsado, etiquetaxe e venda directa de bivalvos vivos. A posta en marcha desta instalación na lonxa de Cedeira, vai encamiñada a dotar á zona de Ortegal dun servizo que non existe na actualidade, pero necesario para achegar o produto aos consumidores finais. O proxecto contribuirá á optimización das condicións de comercialización de moluscos bivalvos, cumprindo as esixencias sanitarias e de tallas, proporcionando valor engadido ao produto e repercutindo no incremento de competitividade do Sector Marisqueiro tanto da Confraría de Cedeira como no resto de Confrarías do territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellora da competitividade do sector pesqueiro.
Creación ou mellora da calidade do emprego e as oportunidades económicas a través da diversificación da economía local.
Reforzo das comunidades do desenvolvemento local e a gobernanza.
Fomento da cooperación.
Aumento da funcionalidade da Confraría de Cedeira que permita a venda de moluscos nas condicións hixiénicas esixidas pola lexislación vixente.
Clasificación manual dos diferentes bivalvos, co consecuente valor engadido para o produto.
Aumentar a competitividade da Confraría como suxeito prestador de servizos eficientes referente ao proceso de depuración e venda directa de moluscos.
Conseguir a adaptación do sector pesqueiro á normativa comunitaria en materia de produción e comercialización de moluscos bivalvos.
Incremento do número de visitantes ás instalacións.
Creación de emprego: 0.5 ETCs
Visibilización do traballo de mariscadoras
Posta en funcionamento dunha instalación industrial formada polo equipamento técnico preciso para a realización das tarefas de depuración e embolsado, etiquetado e venta directa de bivalvos vivos, consistindo en :
Posta en funcionamento dunha estación depuradora de moluscos.
Sistema de embolsado e etiquetado dos produtos que contará con maquinaria e un sistema de pesada, venda e control.
Obxectivo 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivo 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo 5: Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Obxectivo 6 : Fomento da cooperación.
Obxectivo 1.1: Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro A Mariña-Ortegal.
Obxectivo 2.2: Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio A Mariña-Ortegal
Obxectivo 2.3.:Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Obxectivo 5.1: Poñer en práctica mecanismos de participación na xestión e no desenvolvemento do programa de axudas.
Obxectivo 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP, para reforzar a sinerxia e o establecemento de redes na mellora dos diferentes sectores e desenvolvemento das zonas pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)