
A finalidade do proxecto é pór en valor a pesca costeira artesanal, dando a coñecer as distintas artes de pesca e revalorizando as distintas especies capturadas artesanalmente, co fin de buscar relevo xeracional por un lado e, por outro, aumentar o consumo de peixe local capturado de forma sostible, especialmente as especies máis descoñecidas pero de alto potencial organoléptico.
O proxecto consiste nunha iniciativa de carácter divulgativo, sensibilización e inclusivo, que xira arredor do sector marítimo-pesqueiro, partindo dunha premisa clave: continuar coa labor divulgativa e educativa desde a Confraría, que será clave para conseguir que a actividade marítimo-pesqueira da nosa vila continúe en auxe.
O proxecto está dirixido á poboación en xeral e ás crianzas e mocidade de Burela, ás mulleres e ás persoas con discapacidades diferentes -incluida a discapacidade visual- en particular. O desenvolvemento das 10 actividades propostas previstas executar nas anualidades 2025 e 2026, constitúen a ferramenta precisa para converter á Confraría de Burela en axente dinamizador do territorio, impulsando medidas desde o sector pesqueiro hacia a veciñanza e poñendo en valor a pesca costeira artesanal e os recursos do mar.
Sexo promotor:
Muller
Home
Home
Idade promotor:
< 40 anos
> 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación:
Sí
Non
Non
Diversificación da actividade pesqueira:
Si
Non
Non
Emprego creado (ETC):
Si
Non
Non
Nº emprego creado (ETC):
-
Emprego mantido (ETC):
Si
Non
Non
Nº emprego mantido (ETC):
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron:
-
Principais obxectivos do proxecto:
OBXECTIVOS XERAIS:
-Valorizar os oficios/embarcacións tradicionais que empregan artes de pesca artesanais e os produtos pesquerios locais
-Fomentar a participación das mulleres e atracción de persoas mozas ao mundo do mar reforzando o relevo xeracional
-Recoñecer o papel da Confraría e converter a entidade nun axente activo de apoio ao sector do colectivo marítimo-pesqueiro
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
-Pór en valor os oficios tradicionais e actividades artesanais vinculadas ao sector
-Promocionar o consumo das especies locais capturadas artesanalmente -Reforzar o pa
pel das mulleres dentro dos oficios mariñeiros para favorecer e a igualdade de xénero e a non discriminación
-Promocionar xornadas que dean conta da relevancia da actividade pesqueira e o consumo das súas especies
-Visibilizar o traballo da Confraría a través de actividades educativas e divulgativas, converténdose nunha institución accesible para todas as persoas e maior presencia nos medios
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
-Reforzo do relevo xeracional no sector pesqueiro e aumento da sustentabilidade económica local
-Aumento da práctica da pesca sostible eficiente no uso dos recursos e respetuosa co medio ambiente
-Incremento do consumo dos produtos pesqueiros do territorio
-Incremento da valorización dos produtos locais pesqueiros menos coñecidos e con potencial gastronómico
-Aumento da participación e integración da mocidade no sector pesqueiro
-Incremento da participación e incorporación das mulleres nas actividades marítimo pesqueiras
-Aumento da visibilidade e empoderamento das mulleres que traballan no sector pesqueiro
-Incremento da recuperación e valorización do patrimonio cultural pesqueiro e as actividades marítimo pesqueiras
-Incremento da accesibilidade, da integración real e efectiva e do acceso á cultura mariñeira inclusiva
-Incremento do recoñecemento do papel da Confraría como entidade dinamizadora do ámbito local
-Incremento do uso de sistemas enerxéticos máis eficientes e ecolóxicos
Principais actividades do proxecto:
As actividades a realizar no proxecto PESCARTE son as seguintes:
1. MURAL PESCARTE 2025:
Realización de mural na fachada sur da Confraría, divulgando as distintas artes de pesca costeira artesanal e as especies locais. Inclúe andamiaxe e instalación do alumeado de enerxía solar renovable
2. CULTURA MARIÑEIRA INCLUSIVA 2025:
Adaptación do mural sur a un panel táctil accesible con braille e altorrelieve para toda tipoloxía de público, incluíndo persoas con discapacidade visual
3. AUDIOVISUAIS DAS ARTES MENORES DA PESCA ARTESANAL 2025:
Realización dun vídeo divulgativo sobre o sector da pesca artesanal de Burela e 3 microvídeos explicativos de cada modalidade
4. CREACIÓN XOGO INFANTIL EDUCATIVO PESCARTE SOBRE A PESCA ARTESANAL 2025:
Deseño e realización dun xogo infantil educativo composto por 9 cubos, onde as crianzas poidan compoñer 6 imaxes distintas sobre as diferentes artes de pesca artesanal, embarcacións, produtos pesqueiros do territorio, etc.
5. MATERIAL PROMOCIONAL DO PROXECTO PESCARTE E DA FONTE DE FINANCIAMENTO 2025:
Adquisición de material para a comunicación e marqueting do desenvolvemento de cada actividade e da fonte de financiamento, dando cumprimento en materia de comunicación e visibilidade
6. MURAL PESCARTE 2026:
Mural na fachada oeste, como continuidade ao "MURAL PESCARTE 2025". Inclúe instalación do alumeado de enerxía solar renovable
7. CULTURA MARIÑEIRA INCLUSIVA 2026:
Adaptación artística inclusiva do mural oeste a un panel táctil con braille e altorrelieve
8. PROMOCIÓN PRODUTOS DA PESCA LOCAL 2026:
Showcooking en directo para promocionar produtos pesqueiros do territorio, tanto dos mais recoñecidos como doutras especies infravaloradas pero de grandes posibilidades gastronómicas
9. AUDIOVISUAL DIVULGATIVO DAS ACTIVIDADES DO PROXECTO PESCARTE 2026:
Gravación das actividades para a súa difusión a través das RRSS e realización dun vídeo promocional
10. CREACIÓN DE CONTIDOS DIVULGATIVOS DO PROXECTO PESCARTE DESCARGABLES A TRAVÉS DE CÓDIGOS QR:
Deseño e creación de contidos explicativos das temáticas tratadas en cada mural, almacenados na páxina web da entidade, expostos en 4 placas
Obxectivo estratéxico da EDLP:
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases de cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico da EDLP:
OBXETIVO ESPECÍFICO 1.2. Facer das actividades marítimo pesqueiras un ámbito de empregabilidade de colectivos menos favorecidos e de cohesión social na Mariña-Ortegal.
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático:
Si
Non
Non
Igualdade de xénero:
Si
Non
Non
Discriminación:
Si
Non
Non
Favorecer a inclusión social:
Si
Non
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020:
Si
Non
Non
Contribución:
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

