mércores, 21 de Xaneiro de 2026 - 01:01

O GALP A Mariña Ortegal organiza 3 xornadas formativa para presentar a convocatoria de axudas 2026 ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2021-2027.
Dirixidas ao empresariado, asociacións, entidades do sector pesqueiro e público en xeral, nestas xornadas explicaranse as bases da convocatoria, resolveranse dúbidas e prestarase asesoramento para a redacción dos proxectos.
Ven e consulta as túas dúbidas!!!!
Tes cita en:
- Burela. Salón de Actos ABSA Porto Pesqueiro. Martes 27 de xaneiro de 2026. De 16:30 a 19:30 horas.
- Cedeira. Confraría de Cedeira. Xoves 29 de xaneiro de 2026. De 10:30 a 13:30 horas.
- Viveiro. Salón de Actos Puerto de Celeiro. Venres 30 de Xaneiro de 2026. De 16:30 a 19:30 horas.
Para máis información, contactar co GALP A Mariña Ortegal

