Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Co sector da hostalaría e restauración pechado non hai demanda de berberecho.

#QuedaCoNosoMar

Falamos con Julia Haz, Presidenta da Agrupación de Mariscadoras "Río Anllóns":

 

Igual que sucede noutras actividades, a crise provocado polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación?

Desde que se decretou o estado de alarma non fomos a ría, cos restaurantes, tabernas, bares… pechados non hai demanda de marisco. O problema o que nos enfrontamos é que o marisco non é un produto de primeira necesidade. A quen vendemos???

 

No voso caso faise complicado cumprir coas normas de distanciamento e seguridade que esixe o estado de alarma.

No noso caso non é complicado manter a distancia de seguridade mariscando na ría, o problema está no traslado en lancha das mariscadoras, tanto para ir á zona de marisqueo, como para volver á terra e zona de pesaxe do berberecho.

 

Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía local?

Nestes pobos costeiros vívese do mar, de forma directa ou indirecta. No estuario do Anllóns somos 30 mulleres e homes traballando. Este sector está moi arraigado á zona, tanto social como economicamente.

 

Por que é importante o labor da xente do mar?

É importante para que poidamos ter unha dieta equilibrada.

Na Costa da Morte consúmese peixe e marisco, forma parte da nosa dieta Atlántica, é importante que o sigamos consumindo nestes tempos de confinamento, tanto para a nosa saúde coma para axudar o sector.