Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Galp Costa da Morte abre convocatoria de axudas por un valor total de mais de 2.500.000€ para proxectos da comarca

  • As axudas promoven proxectos asociados ao territorio e o sector pesqueiro
  • O prazo de solicitude atópase aberto dende hoxe ata o 29 de febreiro

 

Malpica de Bergantiños, 31 de xaneiro de 2024. O Galp Costa da Morte abre o prazo para a solicitude de Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), cun alcance total de mais de 2.500.000€, co obxecto de impulsar o tecido económico empresarial da comarca.

As axudas, promoverán proxectos que valoricen o territorio, creen emprego, e fomenten a participación de mulleres e atraia a novas xeracións como relevo xeracional en actividades do sector pesqueiro ou ligadas ao territorio.

Entre os obxectivos, tamén se atopa o fomento da economía azul das zonas pesqueiras a través da diversificación, dentro e fora do sector da pesca comercial, e o impulso do aproveitamento do patrimonio ambiental, fomentando ademais o benestar social e o impulso do patrimonio cultural do territorio.

Os beneficiarios das axudas serán autónomos e pemes, con proxectos individuais ou colectivos, localizados nos concellos do ámbito territorial do Galp Costa da Morte, e máis concretamente en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. Os interesados, poderán asistir a unha xornada informativa que terá lugar o próximo 8 de febreiro, ás 17:00, na Casa da Cultura de Vimianzo, onde se explicarán os posibles ámbitos de actuación da axuda e o seu aproveitamento.

 

As axudas, cofinancian ata un 50% do orzamento, chegando aos 200.000€

Os proxectos seleccionado dentro das axudas, por norma xeral, recibirán unha intensidade de axuda que vai dende o 35 ao 50% do gasto subvencionable, dependendo da puntuación obtida, ata un máximo de 200.000€, dependendo da tipoloxía do proxecto. Estes porcentaxes poderían incluso incrementarse en proxectos de pesca artesanal ou de beneficiario colectivo.

Os gastos subvencionables son amplos, e podemos atopar custos asociados a persoal contratado, vehículos de transporte, inversións materiais, acondicionamento e equipamento, ou aplicación das instalacións, ou inclusive, a execución de edificación das instalacións precisas para o proxecto.

Estas axudas, publicadas hoxe no DOG DOG 22 del 31/1/2024 - ORDEN de 28 de diciembre de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas para proyectos al amparo de las estrategias de desarrollo local participativo (EDLP), aprobadas a los grupos de acción local del sector pesquero (GALP) en el marco del Fondo Europeo Marítimo de Pesca y de Acuicultura 2021-2027, y se convocan las correspondientes al año 2024, tramitada como anticipado de gasto (código de procedimiento PE155A). (xunta.gal)foron aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.