
Presentamos o vídeo explicativo do Programa de Axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca do Galp Costa da Morte 2014-2020.
Dispoñemos de liñas de axuda para emprender e innovar aproveitando os recurso mariños e produtos .
Son moitas as ideas que o GALP Costa da Morte pode subvencionar nos vindeiros anos grazas ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
A finalidade é conservar, promover e ampliar o noso patrimonio cultural marítimo; fomentar as actividades náuticas e promocionar os produtos pesqueiros do territorio.
A convocatoria para solicitude de subvencións permanece aberta ata o 1 de marzo de 2020.
Información no 981 70 73 78, en gac3@accioncosteira.es ou info.gac3@accioncosteira.es
Estamos no Edificio Centro Comarcal Bergantiños. Lugar A Camposa, s/n – Buño. 15.111 de Malpica de Bergantiños.
Podes seguirnos na nosa páxina de Facebook para estar informados de convocatorias, prazos, actividades, ect.: https://www.facebook.com/galp.costadamorte/