
Hoxe falamos co promotor de Cabanas Narea, un establecemento turístico sostible, respectuoso co medio ambiente e diverso na zona. Está a construír 5 cabanas de madeira, accesibles, integradas coa paisaxe, nunha amplía zona verde privada con árbores, sita en primeira liña da praia de Laxe.
Como están as obras, foi difícil a súa xestión neste tempo de estado de alarma?
As obras están avanzando a moi bo ritmo a pesar das complicacións por mor do Covid. A xestión está sendo complexa en canto a incerteza, des-abastecemento de materiais, a demora dos trámites cas administracións... En xeral complicouse todo moito, xa que ninguén estaba preparado para isto. Nestes tempos é necesaria unha dose extra de traballo e optimismo.
Ten fecha prevista de apertura, e con que medidas fronte o covid19?
Estamos a recibir moitas chamadas ca mesma pregunta pero aínda non nos atrevemos a dar unha fecha exacta, o obxectivo é abrir este verán.
As medidas serán minimizar ó máximo o contacto, que os clientes poidan chegar das súas casas as cabanas directamente. E maximizar as medidas de hixiene e desinfección.
Que ten de diferente o seu proxecto fronte os que xa hai pola zona?
Cabanas Narea é un proxecto de turismo sostible e activo, cun corte compromiso co medio ambiente. Ofrecemos aloxamento en cabanas de madeira ó lado da praia, e con todas as comodidades: xardín privado, cheminea, jacuzzi, etc...
Pero ademais do aloxamento ofrecemos unha serie de experiencias únicas en contacto ca natureza e o mar (clases de surf e Paddle, aluguer de kaiaks, rutas de sendeirismo etc...)