
Informamos das Axudas do FEMP do GALP Costa da Morte. Os promotores teñen ata o día 1 de marzo para a 1ª convocatoria do ano 2017. Unha vez transcorrido este prazo as solicitudes presentadas poderán acollerse a futuras convocatorias ata 2020.
Achegamos ligazón do vídeo explicativo das axudas:
O territorio do Galp Costa da Morte, que se corresponde cos concellos de A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía, dispón de máis de 5 millóns de euros en axudas a fondo perdido para proxectos produtivos e non produtivos ata o ano 2020.
As axudas están destinadas a: Xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, empresarios e entidades de actividades náuticas ou relacionas co mar, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc. que presente proxectos relacionados co mar.
Liñas de actuación:
Incremento do valor engadido dos produtos da pesca, diversificación e mantemento da actividade vinculada ao mar…
Competitividade sostible e reforzamento dos elementos medioambientais e patrimoniais do noso litoral, espazos temáticos do mar...
Capacitación e ampliación das competencias dos sectores económicos e social do noso territorio…
Información no 981 70 73 78, en gac3@accioncosteira.es ou info.gac3@accioncosteira.es
Estamos no Edificio Centro Comarcal Bergantiños. Lugar A Camposa, s/n – Buño. 15.111 de Malpica de Bergantiños.
Ligazón da Orde de Axuda publicada no DOG Núm. 109 o xoves, 9 de xuño de 2016, Páx. 23399:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160609/AnuncioG0427-260516-0001_gl.pdf
Na seguinte ligazón pódese descargar o formulario de Solicitude de Axuda:
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=PE&codProc=155A&procedemento=PE155A
Na seguinte ligazón pódese descargar o formulario de Memoria segundo o proxecto:
Tamén achegamos ligazón da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo da Costa da Morte.
http://www.mar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/edlp_galp_costa_da_morte_0.pdf
Tamén poden seguirnos na nosa páxina de Facebook para estar informados de convocatorias, prazos, actividades, ect.: https://www.facebook.com/galp.costadamorte/

