Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación libro "Costa da Morte. Crónica Marítima" de Rafael Lema

 

O libro “Costa da Morte, crónica marítima” de Rafael Lema será presentado de novo este venres catro de agosto na Casa de Vela de Cabana de Bergantiños no marco da xornada "Ven ó Esteiro do Anllóns" organizada por o Concello de Cabana.

A obra editada por o GALP de 371 páxinas con 135 fotos, recolle crónicas da historia do comercio marítimo da cara occidental da costa coruñesa e a influencia do mar na actividade socioeconómica na zona comprendida entre Caión e Fisterra.

 Programa da Xornada:

PRAIA DO PENDÓN 4 DE AGOSTO A PARTIR DAS 15.30 HORAS

ACTIVIDADES NÁUTICAS E XOGOS (kaiaks, volei praia, fútbol praia...)

CASA DE VELA A PARTIR DAS 18.00 HORAS

  • 18.00 h. Observación ornitolóxica guiada a cargo de JOSÉ LUIS RABUÑAL coa colaboración da Entidade Ambiental Senda Nova. Mirador da Casa de Vela.
  • 20.00 h. Presentación do libro: "Costa da Morte. Crónica marítima". RAFAEL LEMA
  • 21.00 h. Degustación de empanada de berberechos do Anllóns elaborada polo cociñeiro FÉLIX CASTIÑEIRA.
  • 22.00 h. Concerto de música mariñeira, habaneras e boleros con "A TROVA CORUÑESA"