Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA 4-4-2022 DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA XUNTA DIRECTIVA DO GALP COSTA DA MORTE CONVOCATORIA ORDE DE AXUDAS 27 DE DECEMBRO DE 2021

A Xunta Directiva do GALP Costa da Morte, en xuntanza celebrada o día 4 de abril de 2022, con motivo da devolución, por parte do Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca, da  proposta definitiva de Concesión axudas remitida o 28/03/2022, vista a proposta de resolución provisional do equipo técnico do GALP, e de conformidade cos criterios establecidos na EDLP, aprobou a PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL, correspondente aos proxectos presentados ao abeiro da Orde do 27 de Decembro de 2021, que pode consultarse  no seguinte ficheiro:

 

A presente proposta de resolución provisión foi publicada no taboleiro de anuncios do GALP, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos. Outórgase  un prazo de alegacións contra ela de 5 días hábiles computados dende a data de publicación segundo o establecido no artigo 24.3 da Orde de Axudas. No caso de non haber alegacións no prazo indicado esta proposta será definitiva segundo o establecido no artigo 24.4 da Orde de Axudas.