Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA XUNTA DIRECTIVA DO GALP COSTA DA MORTE

A Xunta Directiva do GALP Costa da Morte, aprobou a PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA, correspondente aos proxectos presentados ao abeiro da ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025, que pode consultarse no seguinte ficheiro:

PROPOSTA RESOLUCION DEFINITIVA XD 2025

Esta proposta definitiva non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Costa da Morte segundo o establecido no artigo  20.2  da ORDE do 12 de febreiro de 2025