
A Xunta Directiva do GALP Costa da Morte, en xuntanza celebrada o 7 de Outubro de 2021, vista a proposta de resolución provisional do equipo técnico do GALP, e de conformidade cos criterios establecidos na EDLP, aprobou a PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL, correspondente aos proxectos presentados ao abeiro da Orde do 3 de Agosto de 2021, que pode consultarse no seguinte ficheiro:
proposta_resolucion_provisional_orde_3_de_agosto_2021.pdf
A presente proposta de resolución provisión foi publicada no taboleiro de anuncios do GALP, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos. Outórgase un prazo de alegacións contra ela de 5 días hábiles computados dende a data de publicación segundo o establecido no artigo 24.3 da Orde de Axudas. No caso de non haber alegacións no prazo indicado esta proposta será definitiva segundo o establecido no artigo 24.4 da Orde de Axudas.