
A Xunta Directiva do GALP Costa da Morte, en reunión celebrada o día 05 de maio de 2025, vista a proposta de resolución provisional do equipo técnico, e de conformidade cos criterios establecios na EDLP e na na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025, código do procedemento PE155A (DOG nº36 do 21 de febreiro de 2025), aprobou PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL para os proxectos presentados ao abeiro da citada Orde de Axudas, que pode consultarse no seguinte ficheiro:
PROPOSTA PROVISIONAL XUNTA DIRECTIVA
A citada proposta de resolución provisional foi publicada no taboleiro de anuncios do GALP e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos. Outórgase un prazo de alegacións contra ela de 10 días hábiles computados dende a data de publicación, segundo o establecido no artigo 20.1 da citada Orde de Axudas. De non haber alegacións, finalizado o prazo indicado, a proposta será definitiva de conformidade co artigo 20.2 da Orde de Axudas.


