Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADA “Foro MARKETING COSTA DA MORTE”

O GALP Costa da Morte realiza a XORNADA “Foro MARKETING COSTA DA MORTE” que terá lugar o luns 26 de novembro as 10:30h No MUSEO DO MAR de Laxe, na localidade de Laxe. https://goo.gl/maps/AwHKm8hToiL2

 

Este foro está orientado a facilitar a mellora na comunicación, promoción e visibilización, tanto das confrarías como dos productos do mar de cada unha de elas.

 

A asistencia a este foro, orientada a persoal de confrarías, os seus directivos e a traballadores do mar, é gratuíta pero se require previa inscrición no mesmo a través do correo info.gac3@accioncosteira.es ou do teléfono 981 70 73 78

 

Durante os primeiros 15 minutos falaremos dos cinco aspectos craves para entender todo o que rodea ao mercado do mar e os seus produtos, procurando ver as principais debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades ás que se enfronta a Costa da Morte e os seus produtos do mar.

Logo presentaremos como mellorar a identidade dos nosos produtos, como amplificar a súa resonancia e como dar valor a todos os produtos do mar e a todo canto lle rodea. E farémolo procurando presentar como podemos mellorar o traballo e as habilidades da xente do mar grazas á comunicación.

A gran pregunta é: Como vender os nosos produtos? Como conseguir mellorar as nosas vendas? Como facer crecer o valor que ten o noso mar, mellorando a percepción que del teñen todos cuantos nos rodean?

Por último familiarizarémonos coas novas ferramentas de comunicación dixital e as redes sociais, procurando entender como nos poden axudar a mellorar e promocionar o noso traballo no marco da nosa estratexia EDLP.

Para finalizar, un dos mellores cociñeiros da nova cociña galega maridará produtos da nosa zona con produtos doutras denominacións de orixe para, a partir da súa degustación, facernos entender como o padal tamén é unha forma de conquista e promoción do noso mar.