Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADAS DE ATENCIÓN NAS CONFRARÍAS DO TERRITORIO GALP COSTA DA MORTE

Continuamos coas Xornadas de Atención nas Confrarías do territorio Galp Costa da Morte.

Nestas xornada o Equipo Técnico do GALP Costa da Morte atenderá particularmente a todas as persoas que estean interesadas en informarse das Axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, dirixidas principalmente a xente do mar, emprendedores, hostaleiros, sectores auxiliares da pesca e actividades vinculadas ao Mar e Litoral.

As Xornada de Atención que se levarán a cabo esta semana son:

Mércores 26, de 16:00 a 19:00 horas, na Confraría de Pescadores de Malpica, en Malpica.

Xoves 27, de 10:00 a 13:00 horas, na Confraría de Pescadores de Laxe, en Laxe.

Venres 28, de 10:00 a 13:00 horas, na Confraría de Pescadores de Caión, en Caión - A Laracha.