A Confraría de Pescadores de Miño que conta actualmente con 25 socios (22 mariscadores a pé e 3 armadores), dispón dun punto de venta e control na zona de O Pedrido (parroquia de Insua, Concello de Paderne), e con este proxecto pretende modernizar a súa instalación, coas novas tecnoloxías, principalmente para ter un control e comercialización do seu produto, incorporando equipamiento infórmatico (ordenadores de sobremesa, portatil, calibre y báscula), que facilitaría considerablemente o traballo do persoal da Confraría nos trámites da documentación necesaria para a saída do produto da lonxa, tales como emisión de documentos de orixe, etiquetas e albaráns..., entre outras actuacións.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Facilitar a loxística e emisión de documentos de orixe, etiquetas e albaráns para ter un control da trazabilidade do produto.
Incorporar as novas tecnoloxías ao punto de control e venda do Pedrido, propiedade da Confraría de Pescadores de Miño
Poder expedir a documentación oportuna para a venda de marisco de xeito inmediato e simultáneo aos arquivos das Consellerías do Mar e Sanidade.
Informar á Consellería do Mar sobor das tallas e pesos entrantes en lonxa co fin de controlar as capturas por esforzo pesqueiro.
Ter un maior control da trazabilidade e comercialización do produto.
Ter un maior control e máis información para a consellería do mar das tallas e pesos comercializados.
Mellorar as condicións de traballo do persoal da Confraría de Pescadores de Miño. Incorporación das novas tecnoloxías no punto de venta.
- Compra de equipamento informático: dous ordenadores de sobremesa e un ordenador portátil.
- Equipos de control tallas e pesos: un calibre e unha báscula.
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Fomentar a posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)