
Actividades de dinamización para poñer en valor e dar a coñecer a historia, cultura e a actividades pesqueira do Concello de Ares: Creación da imaxe "Ares Ultramarino"; accións formativas sobre tratamento de produtos do mar e comercialización online; actividades de exaltación de produtos marítimos. Edición e impresión da Guía "Historia Ultramarina de Ares" (600 exemplares). Espazo exposito itinerante. Ares Indiano, accións de difusión.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Crear unha rede de entidades e actores sociais ligados á cultura mariñeira de Ares, ao sector turístico e ao empresarial co obxecto de valorizar a historia e os produtos do mar.
Poñer en valor os recursos e patrimonio ligado ao mar.
Creación de produtos turísticos que sexan competitivos e comercializables, contando coa participación do sector pesqueiro
Darlle un valor engadido aos produtos do mar de Ares
Divulgar o patrimonio histórico, cultural e pesqueiro de Ares.
Aumentar o número de visitantes ao Concello de Ares, un incremento das ventas do comercio local, dos produtos derivados da pesca tales como as conservas, a artesanía e tamén os de transformación; unha maior demanda de servizos de hostalería e restauración e dinamización da economía local coa promoción da vida mariñeira da vila.
Promoción da marca "Ares Ultramarino" como símbolo de identidade que engloba un novo modelo de desenvolvemento.
Apoiar a diferentes colectivos do sector do mar a poñer á venda os seus produtos en colaboración con outros sectores do Concello de Ares.
Fomentar o crecemento económico a tavés da colaboración entre toda a rede creada, para que haxa unha inclusión e mobilidade laboral entre sectores.
Poder ofertar o Concello de Ares coma un concello con historia mariñeira e valorizar este feito implicando a toda a sociedade de Ares para o seu éxito.
- Creación da imaxe "Ares Ultramarino", incluso o rexistro de marca.
- 3 cursos de acción formativa
- Edición e impresión da "Guía da Historia Mariñeira de Ares" (600 exemplares)
- Espazo expositivo itinerante (tv, un equipo de son, un scanner, dous portátiles e seis paneis).
- Creación da Ruta Ultramarina de Ares (contidos, mapas de localización e difusión, placas de identificación con códigos QR de ampliación de información).
- Accións de difusión de Ares Indiano.
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Fomentar a posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)