
Construiranse unhas cabanas turísticas de tipoloxía mariñeira, co que se trata de dotar á zona de Fisterra dun novo tipo de aloxamento distinto dos hoteis tradicionais, mais inmerso na natureza. Pero no só se centrará no aloxamento, senón que tamén en degustacións de produtos elaborados a base de algas e tamén de polbo. Con respescto a este último produto tamén se farán visitas guiadas, exposicións, cursos etc.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-Creación de nova infraestrutura aloxativa, novidosa en Fisterra.
-Mellora da experiencia gastronómica coa potenciación da restauración con algas.
-Xerar emprego.
-Xerar sinerxias con outras empresas e entidades da zona (cruceiros turísticos, subamarinismo...).
-Colaborar con entidades da zona (confraría, club náutico...).
-Aumentar as inversións no territorio.
-Desestacionalización das actividades.
-Ampliar os servizos turísticos da zona, cun novo tipo de aloxamento turístico.
O proxecto consiste na na construcción de seis cabanas turísticas,no lugar de San Martiño, concello de Fisterra, nunha finca propiedade do constructor que presenta unha disposición pendente aterrazada en cinco planos horizontais o que permitirá dispoñer dunhas inmellorables vistas desde calquera punto da parcela.
As cabanas dispoñen dunha estancias para baño, con jacuzzi, e despois doutra estancia xeral onde se ubica un salón, dormitorio e unha pequena cociña totalmente equipada.
Ademais das seis cabanas para o aloxamento haberá unha sétima para a recepción e servizos da instalación. Nesta cabana instalarase a recepción, unha oficina, e unha zona de uso público, que será onde se realize as degustacións, obradoiros e actividades similares.
Aparte do hospedaxe tamén se farán degustacións de polbo e algas, visitas guiadas para ver o proceso que segue o polbo e as algas dende a súa captura ata o seu consumo. Tamén prevese realizar obradoiros sobre diversos temas relacionados co mar así como a realización de exposicións audiovisuais e incluso de actos de representación de actividades con temática mariñeira ou turística.
Hai asinados convenios de colaboración con empresas de submarisnismo, de cruceiros turísticos e co club náutico de Fisterra para que os nosos clientes teñan acceso as súas actividades.
Adherirémonos ao club de produto turístico Margalaica e Polbo de Lonxa.
Obxectivo estratéxico 2: Diversificación económica
2.4.1.1. Apoio á creación de nova infraestrutura turística
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)