Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mariña Tradicional de Muros: Mar de Velas

O proxecto presentado, trátase dun proxecto non produtivo no que participan o concello de Muros (socio coordinador), a Asociación Cultural Mar de Muros, a Asociación Cultural A Canle de Lira e a Asociación de Veciños A Ostreira, que consiste en liñas xerais en seguir dotando de recursos o proxecto Mar de Vela, para continuar coa súa labor de mantemento e divulgación da navegación tradicional, neste caso dotar de sinais a través de paneis informativos sobre os recursos dispoñibles do proxecto Mar de Velas e a creación dunha páxina web, como outro elemento máis de información e proxección de contido ao exterior.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Muros
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Entidade pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro do 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participatio (EDLP) aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
30/07/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2020
Data fin de execución: 
31/12/2020
Ámbito de aplicación: 

Comarca de Muros e Carnota

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
6.022,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
6.022,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
5.901,00 €
% Subvención: 
98
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
5.016,33 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
885,23 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Creación da Mariña Tradicional de Muros - Mardevelas, compatible co obxectivo específico de "Fomento do benestar social e do patrimonio cultural pesqueiro acuícuola e marítimo".

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Preténdese mateiralizar a Mariña Tradicional de Muros como un conxunto de infraestruturas en terra e mar, xunto cun programa de actividades e un plan de comunicación, divulgación e xestión, que permita albergar a flota tradicional das tres asociacións participantes de xeito activo e dinámico ofrecendo servizos á comunidade, e en colaboración estreita coa programacións de actividades e oferta turística do concello de Muros. O proxecto servirá de plataforma para o desenvolvemento de actividade cultural e de lecer (formación en vela tradicional ou oficios tradicionais como mantemento de barcos de ribeira).

Principais actividades do proxecto: 

A Mariña Tradicional de Muros - Mar de Velas estará integrada por un pantalán no porto de Muros, que conta con amarres, tomas de auga e luz, e rampla de acceso con portal.

Esta infraestrutura será un espazo físico que servirá de base a unha programación de actividades arredor das embarcións tradicionais que son propiedade das tres asociacións, e que consistirá en visitar guiadas, cursos de navegación tradicional ou bautismos de mar, outro tipo de obradoiros (carpintería de ribeira ou outros), xornadas técnicas ou formativas, navegación inclusiva, outras actividades en terra ou mar, xuntanzas de embarcacións tradicionais, actividades de divulgación, actividades colaborativas con colectivos diversos (mocidade, sector pesqueiro, sector hostaleiro.....).

O groso da actividade de dinamización correrá a cargo das asociacións Mar de Muros, A Canle e A Ostreira, en colaboración co concello de Muros, que participará  de xeito preferente na conformación da programación anual de actividades , así como na xestión e promoción local e turística do proxecto.

No futuro completarase o proxecto con instalación en terra que permitan crear un centro de visitantes e actividades relacionadas coa actividade cultural e náutica tradicional.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Extratéxico 3. Patrimonio natural e cultural

Obxectivo específico da EDLP: 

3.3 Salvagarda da cultura marítima tradicional.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)