Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora da Trazabilidade da e Loxística na Venda do Produto da Pesca Artesanal

Este proxecto consiste en introducir na cadea de valor unha diversificación e valor engadido nos produtos da empresa a través de dúas actuacións específicas:

-Desenvolver unha nova liña de negocio na empresa: o servizo de transporte de produtos procedentes da pesca artesanal.

-Mellorar a comercialización de produtos procedentes da pesca artesanal na zoa a través da implatación dun novo sistema de etiquetaxe e trazabilidade de produtos.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Gabriel Lestón Romero
Datos de interese: 
grabrielleston@hotmail.com
Perfil empresarial: 
Persoa física
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
10/10/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
2
Anualidades: 
2017
Data fin de execución: 
31/10/2017
Ámbito de aplicación: 

Ámbito territorial da GALP Costa Sostible

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
28.717,80 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
28.717,80 €
Total axuda pública aprobada (€): 
10.740,46 €
% Subvención: 
37,4
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
9.129,39 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
1.611,07
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A idea de desenvolver esta nova liña de negocio (transporte de produtos procedentes da pesca artesanal) ven xustificada pola retroalimentación que fixeron varios clintes, entre eles Polbo de Lonxa, ao longo do 2016. Obsérvase que no mercado local hai unha demanda de servizo de transporte deste tipo de mercadorías.

Ademais, os clientes de marisco demandan cada vez máis a diferenciación do produto a través da súa etiquetaxe coma Km 0 e Pescaderías, de onde se non?, polo tanto as novas liñas de negocio redundarán en acadar os seguintes resultados.

-Incremento no volume de compra de produto da pesca artesanal nas lonxa da zona sur de Fisterra (Fisterra, Corcubión, Lira, O Pindo, Muros, Noia e Porto do Son). Poñer un servizo de transporte para a recollida de peixe e marisco facilitará aos restaurantes, hoteis, centros de estabulación e pescaderías, a compra nas lonxas, dado que non terán que estar presentes para recoller o produto e poderán facer as súas compras a distancia.

-Incremento no volume de compra de marisco prodecente da pesca artesanal nas lonxas do sur de Fisterra. Poñer na cadea de valor un produto etiquetado con garantía de orixe (Km0, Pescaderías....) implicará, case con toda seguridade, incrementar a demanda do produto gracias á diferenciación e valorización.

-Incremento na cifra de negocio de Mariscos Galego: ampliar a carteira de servizos (transporte de produtos procedente da pesca artesanal) e de produtos (comercialización de marisco valorizado a través da etiquetaxe con KM0 e Pecaderias) permitirá á empresa chegar a máis "público obxectivo" que demanda produtos e servizos que ata o de agora non tiñamos. Incrementar o número de clientes permitirá incrementar as vendas e polo tanto incrementar a cifra de negocio.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto a executar consiste na mellora da trazabilidade e loxística na venda de produto da pesca artesanal a través de dúas iniciativas:

-Creación dunha nova liña de negocio coa implantación dun servizo de transporte de produtos procedentes da pesca artesanal (peixe e marisco). O servizo consistirá na recollida dos produtos poxados nas lonxas da zona sur de Fisterra (Fisterra, Corcubión, Muros, O Pindo, Lira, Noia e Porto do Son) e entrega nas instalacións dos nosos clientes. Un dos principais clientes desta nova liña de negocio será a marca colectiva Polbo de Lonxa, a través da agrupación de interese económico Finisterre Sur Pesca A.I.E. (formada polas confrarías de Fisterra, Muros, O Pindo, Lira e Porto do Son). En concreto realizarase a recollida diaria do polbo da marca Polbo de Lonxa nas lonxas adscritas e a entrega do mesmo na confraría de Lira para o seu procesado. Por este motivo, o vehículo que se adquirirá para ofrecer o servizo estará rotulado coa imaxe corporativa de marca colectiva.

-Implantación dun sistema de valorización e diferenciación do produto procedente da pesca artesanal na área de influencia a través do cal etiquetarase o produto, cando proceda, coa marca Km0 e/ou Pescaderías.

Para desenvolvelo con éxito hai que realizar as seguintes actividades:

1) Vehículo de Transporte: Adquirirase un vehículo de transporte de mercadorías (furgón) para realizar o servizo de nova liña de negocio de transporte de produtos procedentes da pesca artesanal (peixe e marisco). 

2) Software de trazabilidade e valorización: Implantarase un software de xestión da trazabilidade do produto que comercializa e/ou depura. Ademais dun ordenador pra poder utilizar o software.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1: Sector Pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.1.1. Mellora na produción, xestión e políticas de calidade e seguridade alimentaria nas empresas de transformación de produtos pesqueiros.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)