
O proxecto prsesentado consiste na adquisición dunha embarcación de recreo para promocionar a través de rutas e actividades turístico-mariñeiras e pesqueiras a Costa da Morte, así como tamén a posibilidade de poder alugar o barco.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-Xerar unha actividade turística e de lecer que contribúa a poñer en valor os recursos turísticos da zona.
-Potenciar o desenvolvemento económico mediante a diversificación, o emprendemento, a mellora das oportunidades de traballo e o emprego alternativo ao traballo do mar, potenciando o sector turístico, e os servizos complementarios ao turismo, así como a diversificación en xeral da actividade produtiva do territorio. tomando a condición mariñeira do mesmo como elemento diferenciador.
-Xeración da actividade económica turística.
-Diversificacion de actividades.
-Promoción e posta en valor dos produtos da comarca.
-Divulgación do patrimonio cultural.
-Promoción das actividades turísticas da zona.
As actividades desenvolveranse nunha embarcación tipo pontón, que se diferencia do resto das demáis embarcacións por ter un menor calado, o que lle facilita o acceso a recunchos e zonas privilexiadas, de gran riqueza paisaxística e natural.
Hai dúas liñas de actividades diferenciadas:
-Rutas marítimas a desenvolver polo litoral: realizaranse unha serie de rutas marítimas turísticas, para un grupo de máximo 12 pasaxeiros/as, contarán cun patrón de barco que será quen os guía no itinerario que se vaia realizando.
-Aluguer da embarcación con patrón: pensada para que o cliente elixa a rutas e as actividades de lecer que desexe.
Obxectivo Estratéxico 2. Diversificación económica
2.2.1.1 Creación e mellora de servizos de actividades de turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)