
Trátase dun proxecto conxunto presentado polo concello de Porto do Son, a confraría de Portosín e a Asociación de Redeiras do Cerco, que consiste na posta en valor da entidade mariñeira do porto de Portosín a través da reforma dunha nave que visibilice o traballo das mulleres do sector pesqueiro, así como mellorar as condicións de traballo das mesmas e ao mesmo tempo ser un punto de información sobre a actividade portuaria e axudar á promoción do selo Azul de Portosín.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Posta en valor da entidade mariñeira do porto de Portosín, a través da reforma dunha nave que visibilice o traballo das mulleres do sector pesqueiro deste porto e poña en valor o seu recurso pesqueiro, mellorando considerablemente as súas condicións de traballo contribuíndo deste xeito ao reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
A realización do proxecto reforzará o papel de comunidade pesqueira na localidade onde se sitúa e facilitará unha mellora das condicións de traballo das mulleres deste sector que pasan a formar parte da toma de decisións, no que atinxe á comunidade pesqueira, ademais contrinúe á dinamización da actividade portuaria ao visibilizar a cadea de valor do recurso pesqueiro deste porto a través dun punto de información turística contribuíndo deste xeito ao reforzo da súa identidade mariñeira.
O proxecto consistirá na posta en valor da identidade mariñeira do porto de Portosín, a través da reforma dunha nave que visibilice o traballo das mulleres do sector pesqueiro deste porto e poña en valor o seu recurso pesqueiro, mellorando considerablemente as dúas condicións de traballo contribuíndo deste xeito ao reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Isto repercutirá na posta en valor do recurso pesqueiro do porto de Portosín a través do incremento da promoción do selo Azul de Portosín contribuíndo á dinamización da actividade portuaria, ao converter esta infraestrutura nunha nave visitable cun punto de información ao visitante que transmita esta identidade mariñeira.
Cada entidade colaboradora farase cargo dunha das partes do proxecto, aínda que todas elas participaron no deseño do mesmo.
A confraría de Portosín asumirá integramente a rehabilitación da nave, dotándoa das condicións necesarias e dunha imaxe atractiva para o visitante.
A asociación de Redeiras do Cerco contribuirá no equipamento exterior da nave que consistirá na dotación de sombrillas e parasois para cada redeira, para desenvolver o seu traballo no exterior da nave cando sexa necesario, as sombrillas levará a imaxe gráfica da nave e do punto de información turística constituíndo un elemento de visibilización desta identidade no exterior da nave.
O concello de Porto do Son asumirá o equipamento do punto de información turística e farase cargo da dotación de persoal para a xestión da mesma cando sexa necesario, o queipamento previsto visibilizará a base de paneis gráficos a identidade que se pretende.
Obxectivo 1: Sector Pesqueiro
1.3 Empoderamento e autoestima do sector pesqueiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)