
Encontro de produtores locais do mar e da terra para a realización da promoción do produto local do mar e da terra da comarca de As Mariñas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Maridar III pretende alcanzar os seguintes tres obxectivos:
- Promover a combinación dunha oferta gastronómica baseada nos productos locais do mar e da terra. Poñer en valor a Diera Atlántica, baseada no emprego da cociña dos peixes, mariscos e vexetais obtidos da producción de proximidade. E así, poñer en marcha actividades tanto culturais como turísticas sostibles, vinculadas aos produtos e servizos propios da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. No ámbito do mar, trátase de detectar as empresas e os servizos, que se ofrecen dende o sector pesqueiro como do sector náutico-recreativo, ampliando o interese, os ofertantes de actividades culturais e do mantemento de actividades culturais e de desfrute da paisaxe e todo o que elo implica.
- Facilitar a promoción, comercialización e fortalecemento das micro, pequenas e medianas empresas que producen/extraen, transforman e/ou ofrecen produtos locais tanto do mar como de terra, longrándose con elo o desenvolvemento económico local da Comarca das Mariñas, a través do uso de ferramentas de apoio á consolidación dos propios ofertantes de produtos. Ademais, tamén se traballa nunha mellora da presentación dos servizos con base no mar nos que se incluan os colectivos desfavorecidos e a poboación en xeral.
- Exaltación da Dieta Atlántica con produtos da terra, favorecendo os de proximidade.
Os resultados previstos son os seguintes:
- Dar a coñecer as actividades/servizos para crear sinerxuas no territorio e conseguir unha oferta combinada e de calidade.
- Relacionar aos diferentes produtores e axentes da zona.
- Promocionar e poñer en valos os produtos do territorio, as características e beneficios dos mesmos.
- Promocionar os produtos de cercanía e dos produtores e empresas locais.
- Dar a coñecer a Dieta Atlántica e da importancia e beneficios que ela ten na saúde.
- Fomentar o desenvolvemento económico e social do territorio.
- Potenciar o consumo dos produtos de proximidade
- Promover o deseño de paquetes turísticos
- Dar a coñecer a cultura do territorio
- Concienciar a cidadanía na importancia do patrimonio cultural, gastronómico e medioambiental.
Combinación de actividades de tipo formativoe expositivo, cun tipo de feira non solo gastronómica senón que tamén empresarial (intercambio entre produtores e deles cos que prestan servizos con base no mar), de actividades lúdicas e de ocio con base no mar e do emprego dos recursos naturais, da paisaxe e do medioambiente.
Obxectivo estratéxico 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en sentido amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento de emprego.
Obxectivo específico 2.1: Identificar ao final do período, ao Golfo Ártabro como un destino turístico de referencia a nivel ambiental, paisaxístico e mariñeiro, dentro do xeodestino Rías Altas.
Liña de actuación 2.1.1: Desenvolver un produto turístico diferenciado e competitivo.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)