Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obxectivos

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1 | SECTOR DA PESCA. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participacion das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministación de produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
    • Obxectivo específico 1.1. Aproveitamento sostible dos recursos mariños a través de iniciativas de innovación e da economía circular.
    • Obxectivo específico 1.2. Creación de valor engadido a través de novos emprendementos na transformación, distribución e comercialización de produtos do mar.
    • Obxectivo específico 1.3. Promoción dos produtos locais da pesca costeira artesanal e da saúde e calidade alimentarias.
    • Obxectivo específico 1.4. Dixitalización e modernización para a competitividade no sector do mar.
    • Obxectivo específico 1.5. Remuda xeracional no sector da pesca a través da capacitación e a mellora das condicións de traballo.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2 | ECONOMÍA AZUL & DIVERSIFICACIÓN. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sectro da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
    • Obxectivo específico 2.1. Integración do sector da pesca con outros sectores económicos.
    • Obxectivo específico 2.2. Apoio a novos sectores da economía azul sostible.
    • Obxectivo específico 2.3. Mellora da oferta de servizos turísticos.
    • Obxectivo específico 2.4. Racionalización na oferta de aloxamento turístico e mellora da inclusión.

 

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3 | MEDIO AMBIENTE. Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental da zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
    • Obxectivo específico 3.1. Contribución á mitigación e adaptación ao cambio climático.
    • Obxectivo específico 3.2. Ordenación e posta en valor de praias e espazos naturais costeiros.

 

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4 | CULTURA & BENESTAR. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural e pesqueiro, acuícola e marítimo.
    • Obxectivo específico 4.1. Impulso dos servizos contra o despoboamento: conciliación, atención á dependencia e xuventude.
    • Obxectivo específico 4.2. Posta en valor da cultura mariñeira.

 

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5 | GOBERNANZA. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
    • Obxectivo específico 5.1. Apoio á coxestión e á profesionalización das entidades pesqueiras.
    • Obxectivo específico 5.2. Avance na igualdade de xénero e inclusión social.

 

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 6 | COOPERACIÓN. Cooperaciónentre distintas zonas pesqueiras.
    • Obxectivo específico 6.1. Colaboración en iniciativas de interese compartido con outras zonas pesqueiras.