Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mar das Illas visita Cortegada para aprender sobre o terreo as singularidades do Parque Nacional

 

As persoas participantes no curso de turismo mariñeiro MAR DAS ILLAS realizaron unha visita á illa de Cortegada como complemento ás xornadas teóricas impartidas esta semana no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa. Durante esta sesión práctica, puideron aplicar sobre o terreo a filosofía de traballo, os protocolos e os valores adquiridos, de cara a desenvolver nun futuro labores relacionados co turismo nas inmedicacións do PN Illas Atlánticas, cun nivel de excelencia e de amplo coñecemento do territorio e as súas singularidades.