Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Servizo e apoio á xestión sostible, vixilancia, control, apoio loxístico e mellora da seguridade do sector pesqueiro e marisqueiro de Aguiño a través da compra dunha embarcación

O proxecto consiste na adquisición dunha embarcación de servizo polivalente por parte da Confraría de Pescadores de Aguiño para reforzar o seu apoio ao conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro local. Non se destinará a actividade extractiva comercial, senón a funcións colectivas: apoio á xestión sostible das zonas de traballo, seguimento e control de recursos, sinalización e ordenación de espazos, actuacións de mellora ambiental e reforzo da seguridade marítima.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Cofradía de pescadores de Aguiño
Datos de interese: 
https://cofradiadeaguino.com/
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
15/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
15
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Ribeira

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
102.426,50€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
102.426,50€
Total axuda pública aprobada (€): 
102.426,50€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
74.698,55€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
30.727,95€
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 
Sí
Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

-Reforzar a capacidade operativa da Confraría de Pescadores de Aguiño como entidade de apoio e servizo ao sector pesqueiro e marisqueiro local.

•Mellorar os servizos colectivos prestados ao sector mediante a dotación dun medio marítimo propio e adaptado a tarefas de apoio, coordinación e loxística.

•Contribuír á xestión sostible dos recursos mariños, facilitando o seguimento, control e apoio a actuacións técnicas nas zonas de traballo.

•Incrementar a seguridade do colectivo profesional no mar, especialmente en actuacións colectivas e tarefas que requiran apoio loxístico.

•Apoiar actuacións de protección e mellora do medio mariño, colaborando en intervencións de carácter ambiental.

•Fortalecer a estrutura organizativa e a gobernanza do sector pesqueiro local, reforzando o papel da confraría como entidade vertebradora.

•Favorecer a cohesión interna do sector e o acceso equitativo a servizos de apoio, independentemente dos medios individuais de cada profesional.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

• Mellora da capacidade da confraría para prestar servizos colectivos ao sector pesqueiro e marisqueiro

• Reforzo da seguridade marítima en actuacións colectivas

• Maior apoio á xestión sostible de bancos marisqueiros e zonas de traballo

• Incremento da participación da confraría en actuacións de carácter ambiental e de protección do medio mariño

• Modernización dos medios materiais dispoñibles pola entidade

Indicadores orientativos

• Nº de actuacións anuais de apoio realizadas coa embarcación (seguimento, apoio loxístico, actuacións ambientais)

• Nº de profesionais do sector beneficiados indirectamente polos servizos prestados

• Nº de intervencións vinculadas á mellora ambiental (retirada de residuos, sinalización, etc.)

• Incremento da capacidade operativa da confraría (dispoñibilidade de medio marítimo propio)

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto, aínda que é un investimento material, ten un claro compoñente social e estrutural:

- Reforza unha infraestrutura colectiva que serve a todo o sector, promovendo a igualdade de acceso aos servizos de apoio, independentemente do tamaño da embarcación ou do nivel de habilidade individual.

- Mellora a seguridade e o apoio técnico, un aspecto especialmente relevante para as mulleres mariscadoras e as profesionais máis novas, que dependen en maior medida das estruturas de apoio colectivo.

- Contribúe a que o sector sexa máis organizado, seguro e profesional, mellorando así o seu atractivo para a renovación xeracional, en liña cos obxectivos de fortalecemento do sector pesqueiro local descritos na Estratexia de Desenvolvemento Local.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Reforzar o posicionamento social do sector pesqueiro, do marisqueo e da acuicultura como sector estratéxico da economía da Ría de Arousa.

Obxectivo específico da EDLP: 

Accións que reforcen o papel das confrarias como entidades de economia social e promovan un sector mais igualitario

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)