Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ORGANIZACION XXVIII FOROACUI FORO DOS RECURSOS MARIñOS E A ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS NO AUDITORIO O GROVE 01 Y 02 DE OUTUBRO DE 2026.

O proxecto consiste na organización e celebración dunha nova edición do ForoAcui, un encontro especializado que reúne a investigadores, profesionais do sector acuícola e pesqueiro, empresas, representantes da administración pública e outros axentes vinculados ao desenvolvemento sostible do medio mariño. O evento concíbese como un espazo de análise, intercambio de coñecemento e debate sobre os retos actuais e futuros da acuicultura, a xestión dos recursos mariños e a innovación aplicada ao sector.

Datos xerais
Acrónimo: 
FOROACUI 2026
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas
Datos de interese: 
https://foroacui.com/
Perfil empresarial: 
Asociación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
15/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
4
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

O Grove

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
8.611,51€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
8.611,51€
Total axuda pública aprobada (€): 
8.611,51€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
6.028,57€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
2.583,45€
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O ForoAcui ten como finalidade fundamental servir de punto de encontro entre a comunidade científica, o tecido empresarial, as administracións púbicas e a sociedade civil, creando un espazo único no que conflúen coñecementos e experiencia. A través deste diálogo aberto e participativo, preténdese favorecer a trasferencia de resultados de investigación ao sector produtivo, impulsar a cooperación entre entidades e fomentar a creación de oportunidades que reforcen a competitividade e a sustentabilidade da economía azul.

Ao mesmo tempo o foro persegue poñer en valor a innovación, a sustentabilidade e a seguridade alimentaria como eixos estratéxicos imprescindibles para afrontar os retos actuais e futuros do mar e das súas rías. Estes piares non só contribúen á preservación dos ecosistemas mariños e a mellora das prácticas produtivas, senón que tamén aseguran a calidade dos alimentos e fortalecen a proxección internacional do sector.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Relatorios técnicos e científicos, impartidas por investigadores, docentes universitarios e profesionais de recoñecido prestixio.

Mesas redondas e debates sectoriais, nos que participan representantes da administración pública, empresas do sector acuícola e pesqueiro, centros de investigación e organizacións profesionais.

Sesións de transferencia de coñecemento, orientadas a trasladar resultados de investigación e avances tecnolóxicos ao tecido produtivo, especialmente a pequenas e medianas empresas vinculadas á acuicultura e á actividade mariño-pesqueira.

Espazos de encontro e networking profesional.

Actividades de divulgación e sensibilización.

Principais actividades do proxecto: 

Coa execución do proxecto espéranse os seguintes resultados:

1.- Mellora da transferencia de coñecemento e da innovación no sector acuícola e mariño-pesqueiro, facilitando o acceso de profesionais e empresas a información técnica e científica actualizada.

2.- Reforzo da cooperación e do traballo en rede entre empresas, centros de investigación, universidades, administración pública e outros axentes do sector, favorecendo a creación de sinerxías e futuras colaboracións.

3.- Incremento da competitividade das empresas do territorio, especialmente pemes, mediante a difusión de boas prácticas, novas tecnoloxías e solucións aplicables á actividade produtiva.

4.- Impulso á sustentabilidade ambiental e económica das actividades vinculadas ao mar, promovendo modelos de produción responsables e aliñados cos obxectivos da economía azul.

5.- Dinamización socioeconómica do territorio do GALP, a través da celebración dun evento de referencia.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

DESENVOLVER MEDIDAS QUE MELLOREN A CALIDADE AMBIENTAL DA RIA DE AROUSA

Obxectivo específico da EDLP: 

ACTUACIONS ORIENTADAS AO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE EA SUA POSTA EN VALOR

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)