Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Red Española de Grupos de Pesca realiza unha visita de estudo á Ría de Arousa

 

Esta semana un grupo de persoas da Red Española de Grupos de Pesca percorreu distintos proxectos, enclaves e empresas  da Ría de Arousa vinculadas ao Galp co obxectivo de coñecer e analizar as iniciativas que se están desenvolvendo no territorio.

O mércores 19 de xuño, o grupo visitou  pola mañá as instalacións da cordelería R de Lorenzo, a rehabilitación do Faro de Corrubedo para convertilo en hotel, e o restaurante-viveiro Benboa. Pola tarde, achegáronse á Illa de Arousa onde visitaron o Centro de Interpretación das Conservas, antiga fábrica Goday, onde probaron o sistema pioneiro de realidade aumentada co que é posible facer un percorrido pola historia, os enclaves turísticos e o patrimonio cultural da illa a través de gafas 3D.

O xoves 20 de xuño reuníronse con responsables da App Xesmar que lles explicaron o funcionamento da aplicación para a xestión do traballo de marisqueo nos areais de Vilanova de Arousa, localidade na que tamén visitaron o albergue ‘A Salazón’. Despois, trasladáronse ao Grove para  coñecer o proxecto Lonxanatur, que permite visitas turísticas sen perturbar a actividade da lonxa.