Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Esta semana celébrase no Galp Ría de Arousa un curso avanzado de turismo mariñeiro

 

Dentro do proxecto Mar das Illas deu comezo o Curso Avanzado en Turismo Mariñeiro, que se vai celebrar desde hoxe luns 23 de setembro ata o venres 27, en horario de 16 a 20 horas. As sesións terán lugar no Pazo Vista Real, en Vilanova de Arousa.

Unha vez máis as prazas ofertadas nesta terceira fase de Mar das Illas, foron cubertas polas persoas profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro do territorio da Arousa, que demandan este tipo de accións formativas co obxectivo de continuar avanzando cara á diversificación da súa actividade profesional no ámbito do turismo mariñeiro.