Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O III Encontro territorial de Tanza en Amegrove perfila o prototipo de proxecto de cooperación entre o sector pesqueiro e o da inclusión no GALP Ría de Arousa

 

O pasado martes tivo lugar na sede de Amegrove o terceiro dos encontros que esta entidade está a manter con entidades de inclusión social do territorio do GALP Ría de Arousa nos lindes do Proxecto Tanza. Asistiron á xuntanza representantes do propìo Amegrove e tamén da Fundación Bata e de Amicos, así como a xerente do GALP, Rosa Carballo.

 

No encontro, as entidades asistentes continuaron a artellar, acompañados da asistencia técnica do proxecto, as especificidades do proxecto de colaboración que planean desenvolver conxuntamente. Postas en común as necesidades, continúa o proceso de incubación de ideas, que dará resposta a parte da problemática do lixo desta entidade do sector pesqueiro. As tres entidades analizan xeitos de cooperar para chegar a acordos na recollida de residuos e sensibilización do sector pesqueiro, así como mecanismos colaborativos de xestión de lixo no mar e reutilización dos materiais plásticos necesarios para desenvolver a actividade profesional, contando coa axuda do sector da inclusión.

 

O Proxecto Tanza -que o GALP desenvolve conxuntamente con outros cinco Grupos galegos- aposta pola posta en marcha de iniciativas de cooperación entre o sector pesqueiro e o da inclusión, pondo en valor a necesidade de xerar emprego inclusivo e iniciativas de colaboración enmarcadas nos parámetros da economía circular.