Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora comercial e posta en valor dos produtos da pesca artesanal na canle Horeca

O obxecivo principal do proxecto é aumentar a capacidade produtiva ( comercialización e distribución) de peixe e marisco de Pescados Pulponor.

Para aumentar a capacidade de produción é necesario aumentar as capacidades de almacén e distribución asi como contar cunha ferramenta innovadora para colaborar coa canles de hostalería.

Por iso, Pescados Pulponor realizará dous tipos de investimentos: un para a distribución do produto e outro para incrementar os clientes e fidelizar os existentes, e con todo elo incrementar as vendas.

a) Investimenos para mellorar a distribución do produto:

1. Unha carretilla elevadora eléctrica para o almacén, que mellora a eficiencia das operacións loxísticas no almacén, así como a carga e descarga.

2. Unha furgoneta de motor híbrido con carrocería conxelada para aumentar a capacidades de distribución do produto. Este incorporarase ao existente na empresa, e permitirá ser maís produtivo, reducir os custes de distribució e aumentr a capacidade de entrega.

b) Investimentos para incrementr clientes de fidelizar os existentes:

3. Desenvolverarese unha páxina web de " Pescador Pulponor" para poñer en valor a actividade da empresa.

4. Un moble expositor showcooking móbil, que servirá para realizar showcooking e promocións do peixe e marisco de Pescados Pulponr entre os seus clienes da canle HORECA.

Datos xerais
Acrónimo: 
PULPONOR
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
PESCADOS PULPONOR,S.L.
Datos de interese: 
https://www.pulponor.com/web/index.php/es-es/#null
Perfil empresarial: 
SOCIEDADE LIMITADA
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local partiicipativo ( EDLP)
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
31/05/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

MUROS E COMARCA

 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
104.930,21
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
102.240,21
Total axuda pública aprobada (€): 
51.120,11
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
35.784,08
FEMP (%): 
70
CA (€): 
15.336,03
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
Non
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Ampliación da capacidade de produción do servizo de transporte de produtos procedentes da pesca artesanal na canle HORECA o que implica ampliar a carteria de pedidos.

2.Incrementar as compras de produtos da pesca artesanal.

3.Modernización da distribución e loxística dos produtos da pesca artesanal do Galp Costa Sostible.

4.Difusión do produto local ( KMO, Polbo de Lonxa, Pescaderías) e reforzo das organización de pescadores que o pescan.

5.Innovación na distribución e comercializaciñon de produtos da pesca artesanal do Galp Costa Sostible. Solución diferente e relevante para a canle HORECA.

6.Reducir a pegada de carbono a distribución e comercialización de produtos da pesca artesanal.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1. Incremento de entre 2 e un 8% da facturación coa distribución e comercialización de produtos da pesca artesanal na canle HORECA.

2. Mellora do posicionamiento de Pescados Pulponor na canle HORECA: fidelización de clientes e creación de novos clientes.

3. Incremento das compras de produto pesqueiros en xeral e dos produtos artesanais en particular,especialmente polbo, nas lonxas galegas e en particular no territorio Galp Costa Sostible.

4. Mellora e posicionamento das marcas coas que colabora Pescados Pulponor: PescadeRías, Polbo de Lonxa e km0.

5. Reducción da pegada de carbono na distribuciño dos produtos comercializadas debido ás menores emisións no trasporte.

6. Consolidación de alianzas con axentes Galp Costa Sostible.

 

Principais actividades do proxecto: 

1. Adquisición dunha carretilla elevadora eléctrica para o almacén que xestiona Pescados Pulponor. Utilizarase para cargar e descargar produtos pesqueiros adquiridos ou distribuídos por Pescados Pulponor. Tamén se utilizará para mover o expositor para o seu transporte. Obxectivo incrementa capacidade produtiva.

2. Adquisición dunha furgoneta híbrida con carrocería de conxelación para trasnportar os produtos dende as instalacións de Pulponor ata os puntos de venda e uso do expositor móbil. A furgoneta terá unha etiqueta de emisións de gases Eco e estará rotulada coa marca Polbo de Lonxa. Obxectivo incrementa a capacidade produtiva.

3. Desenvolvemento da páxina web de Pulponor, na que ademais de describir o servizo, destacarase o produto da pesca artesanal KM0 e a pesca artesanal. Tamén se difundirán produtos alimentarios do territorio Galp, distintos dos producidos ou comercializados por Pescados Pulponor e un apartado sobre o consumo responsable dos produtos da pesca. O sitio web será responsable e cumprirá os criterior de accesibilidade  WCAG 2.1 (AA). Obxectivo incrementar a visibilidade e posta en valor de Pescados Pulponor.

4. Adquisición dun carro de exposición móbil ( illa) para facer showcooking e/ ou servizos de restaurantes, hoteis e cafeterías. A illa pode ser facilmente transportado ás entidades interesadas na canle HORECA e conteá promoción de produtos da pesca artesanal, especialmente o polbo do Galp Costa Sostible e do consumo responsable de produtos da pesca.

Os beneficiarios da actividade son:

1. O sector pesqueiro artesanal do Galp Costa Sostible, especialmente aqueles con convenios de colaboración con Pescados Pulponor e clientes en xerla, que aumentarán as súa vendas.

2. O sector da canle HORECA que poderá contar cun novo servizo para ofrecer unha oferta de produtos pesqueiros locais e KM0 e de calidade.

3. Pescados Pulponor que contará cunha solució innovadora coa menor pegada de carbono, diferente e relevante para os seus clientes e potenciais novos clientes

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca.

Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas e mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos a pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe desde produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2. Creación de valor engadido a través de novos emprendementos na transformación, distribución e comercialización de produtos do mar.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)