
Este proxecto consiste na organización e posta en marcha dunhas xornadas para exaltar o valor dos recursos da pesca costeira artesanal promovidas pola Confraría de Pescadores de Corcubión e que se desenvolverán neste peirao os días 22,23 e 24 de agosto de 2025. Durante as mesmas, fomentarase a cultura pesqueira local, promovendo os produtos do mar da nosa ría a través dunha serie de actividades gastronómicas, educativas e culturais.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral
Promocionar os produtos da pesca e do marisqueo comercializados nesta lonxa, co fin de incrementar a súa demanda e mellorar a súa comercialización, contribuíndo así ao sostemento e á viabilidade do sector.
Obxectivos específicos
- Impulsar o consumo de produtos do mar locais.
- Poñer en valor o traballo das persoas do mar.
- Fomentar entre a infancia o coñecemento e respecto polas tradicións pesqueiras.
- Xerar un impacto directo no incremento das vendas dos produtores da pesca costeira artesanal.
- Reforzar a posición da entidade e dar visibilidade á súa labor como representante do sector pesqueiro, tanto a nivel local como rexional.
- Consolidar estas xornadas como un evento anual de referencia que favoreza o crecemento económico do sector pesqueiro local, o turismo e a gastronomía da contorna.
Con este proxecto preténdese exaltar e poñer en valor os produtos do mar comercializados nesta lonxa, destacando a súa calidade culinaria mediante diversas actividades de carácter gastronómico. Como resultado, agárdase que estas accións teñan un impacto positivo na demanda e na comercialización dos produtos pesqueiros e marisqueiros, contribuíndo así ao sostemento e á viabilidade dun sector tradicional e de gran relevancia socioeconómica na contorna, como é a pesca costeira artesanal.
- Oferta gastronómica: presentarase un menú baseado en produtos do mar das nosas rías, dispoñible para o público desde o venres ao serán ata o mediodía do domingo.
- Talleres infantís: durante a xornada do sábado, impartiranse dous obradoiros lúdicos relacionados co sector pesqueiro, destinados a nenos e nenas.
- Showcookings: organizaranse tres sesións de cociña en directo a cargo de cociñeiros rexionais, co obxectivo de mostrar a variedade de pratos que se poden preparar con produtos da frota artesanal local e permitir a degustación das propias elaboracións. Estes showcookings distribuiranse ao longo dos tres días do evento.
Trátase dun proxecto de interese colectivo, xa que a entidade promotora representa aos seus afiliados e a actividade repercute directamente nos socios, permitindo incrementar as vendas da confraría e poñendo en valor a súa profesión. Ao mesmo tempo, tamén se benefician os establecementos de hostalaría do concello, xa que as xornadas xeran un fluxo de visitantes e un valor engadido económico para a localidade.
| Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca | 
| 1.3. Promoción dos produtos locais da pesca costeira artesanal e da saúde e calidade alimentaria | 
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


