
O sector pesqueiro en Muros está a sufrir os efectos do cambio climático, que afecta os recursos marisqueiros e obriga a reducir cotas e ampliar os períodos de veda para garantir unha explotación sostible e a supervivencia do sector. Esta diminución da actividade extractiva leva a unha baixada dos ingresos e emprego, polo que é prioritario buscar solucións que eviten prexuízos económicos na rexión.
Paralelamente, o crecente interese do turismo en experiencias auténticas relacionadas co mar impulsa un novo modelo turístico que valoriza a observación e comprensión das actividades pesqueiras e o patrimonio local.
Este proxecto busca diversificar o sector coa posta en marcha de tres propostas divulgativas sobre o marisqueo a pé, co fin de sensibilizar os visitantes sobre a importancia e sustentabilidade do marisqueo tradicional e poñer en valor os produtos do mar.
A diversificación tamén apostará polo turismo para ofrecer ás persoas traballadoras novas fontes de ingresos mediante rutas guiadas, obradoiros interactivos e visitas escolares. O programa inclúe capacitación en pescaturismo para o marisqueo a flote e ferramentas para que as mariscadoras a pé xestionen estas iniciativas, mellorando a súa competitividade e adaptándose ao mercado turístico sen perder a súa actividade tradicional.
Deste xeito, a diversificación turística reducirá a presión sobre os bancos marisqueiros, ofrecerá unha vía alternativa de traballo e mellorará a calidade de vida das familias marisqueiras ao longo do ano, sen depender só das tempadas extractivas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo principal deste proxecto é a creación e posta en marcha de tres itinerarios de turismo mariñeiro relacionados co marisqueo a pé e coa promoción do patrimonio cultural e natural. Estas actividades permitirán garantir a sustentabilidade económica, social e ambiental do sector mediante a diversificación da actividade económica e a súa integración no sector turístico.
Os obxectivos específicos son: diversificar as fontes de ingresos dos/as mariscadores/as; fomentar a profesionalización dos/as mariscadores/as no sector turístico; promover a sustentabilidade ecolóxica do marisqueo a pé e a flote; incrementar a competitividade e a visibilidade do sector turístico marisqueiro; impulsar a cooperación e cohesión entre os/as mariscadores/as; e fomentar a colaboración entre operadores turísticos.
- Creación de tres itinerarios de turismo mariñeiro dirixidos ao colectivo do marisqueo a pé.
- Realización de tres probas piloto destes itinerarios para validar e axustar as actividades.
- Inscrición das actividades de turismo mariñeiro do colectivo a pé no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT).
- Elaboración de material divulgativo para as actividades, que inclúe a imaxe do proxecto, un folleto, un calendario, un vídeo promocional, un roll up e presenza nas redes sociais.
Este proxecto, pioneiro na zona por ser a primeira iniciativa impulsada directamente polos profesionais do sector como actividade de turismo mariñeiro, terá un impacto directo e indirecto na mellora do emprego, na diversificación da oferta local e na valorización do patrimonio, da cultura mariñeira e dos espazos naturais. Ademais, promoverá a colaboración con outras empresas e entidades, contribuíndo á promoción do Xeodestino da Ría de Muros-Noia e de MarGalaica.
O proxecto estrutúrase en catro fases principais:
- Planificación e organización, coa creación dun grupo de traballo formado por profesionais do marisqueo a pé en Noia e persoal técnico, encargado de identificar recursos patrimoniais, posibles colaboradores, propostas turísticas e o público obxectivo.
- Definición e elaboración de tres itinerarios turísticos, que inclúe a creación de contidos, deseño de materiais divulgativos, cumprimento de requisitos legais, establecemento de horarios e tarifas, e accións de promoción e difusión.
- Probas piloto, onde o grupo de traballo avalía os servizos, realiza axustes para mellorar a experiencia e executa tres probas piloto para validar as actividades.
- Implementación das actividades, con lanzamento definitivo das rutas guiadas e obradoiros sobre marisqueo en Noia, garantindo a súa continuidade e sostibilidade.
O proxecto beneficiará ao colectivo de mariscadores a pé, mellorando o emprego, diversificando a oferta local e poñendo en valor o patrimonio cultural e natural. Ademais, fortalecerá vínculos con axentes turísticos locais e internacionais, xerando novas actividades para residentes e visitantes.
|
Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación |
2.1. Integración do sector da pesca con outro sectores económicos
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

