Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

AZUL DE PORTOSIN TURISMO MARIÑEIRO

O proxecto Azul de Portosín Turismo Mariñeiro busca xestionar de forma integral o porto pesqueiro e reforzar a marca Azul de Portosín, destacando a interacción directa cos profesionais do mar, sendo os armadores do cerco un dos elementos centrais do desenvolvemento do proxecto.

O éxito da iniciativa depende tamén da colaboración estreita entre os dous socios, Concello e Confraría, que xa en 2021 puxeron en marcha o proxecto “Visibilización da identidade mariñeira do Porto de Portosín”, no que se creou o punto de información de turismo mariñeiro, agora convertido nun eixo clave desta nova proposta.

A actividade social, cultural, recreativa, hostaleira e turística de Portosín xira arredor do fronte marítimo e do porto, sendo os espazos destinados á actividade pesqueira os predominantes. O obxectivo é optimizar as instalacións, equipamentos e zonas infrautilizadas para xerar un turismo baseado no coñecemento e na difusión da tradición e valores da cultura mariñeira e pesqueira, especialmente dun porto especializado na pesca de peixe azul. Todo isto alinase coa estratexia da marca de calidade “Azul de Portosín”.

O principal activo do proxecto é a súa autenticidade: os visitantes teñen a oportunidade de vivir en primeira persoa o traballo dos mariñeiros e coñecer de cerca o produto da súa pesca.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONFRARIA DE PESCADORES SAN ANDRES DE PORTOSIN E CONCELLO DE PORTO DO SON
Datos de interese: 
cofradia@cofradiaportosin.org correo@portodoson.gal https://www.lonxasgalegas40.gal/portosin/ https://portodoson.gal/
Perfil empresarial: 
CONFRARÍA DE PESCADORES CONCELLO
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
30/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

CONFRARIA DE PORTOSIN-PORTO DO SON

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
309.878,38 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
309.878,38 €
Total axuda pública aprobada (€): 
309.878,38 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
216.914,87 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
92.963,51 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
0
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
NON
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é fortalecer a cadea do sector pesqueiro mediante a prestación de servizos complementarios á actividade pesqueira, promovendo a súa visibilización e posta en valor, e xerando sinerxías entre o sector pesqueiro e os prestadores de servizos turísticos do territorio.

Para acadar este obxectivo, o proxecto céntrase en:

  • Implicar aos profesionais do mar no turismo mariñeiro local mediante a mellora de equipamentos e servizos.
  • Automatizar ao máximo os procesos de prestación do servizo, optimizando recursos e eficiencia.
  • Poñer en valor a cultura mariñeira, a través de equipamentos museográficos modernos e adaptados ás novas tecnoloxías, atractivos para todos os públicos.
  • Reforzar a promoción do turismo mariñeiro, dando a coñecer a existencia deste produto no territorio e facendo consciente á veciñanza da súa potencialidade.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O proxecto busca profesionalizar o turismo mariñeiro en Portosín, promovendo a marca Azul de Portosín e internacionalizándoa. Preténdese diversificar as actividades do sector mediante os embarques, xerar ingresos, homoxeneizar a oferta turística do porto e consolidar a Ría Muros-Noia como destino de turismo mariñeiro. Ademais, pretende valorizar o peixe azul de Portosín, aumentar as súas vendas, mellorar a oferta cultural local e fomentar a colaboración entre profesionais do mar, garantindo beneficios compartidos para toda a comunidade.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto de turismo mariñeiro de Portosín estrutúrase en catro actividades principais:

  1. Embarques ao Azul de Portosín: Experiencia central que inclúe recepción automatizada mediante códigos QR, desprazamento guiado polo porto, identificación das embarcacións, embarque acompañados polos armadores, percorrido polas zonas turísticas do barco e retorno ao punto de recepción con devolución do equipamento.
  2. Visita ao Centro de Interpretación Automatizado da Pesca Azul: Acceso controlado mediante códigos QR e portas automáticas, cun percorrido tipo espectáculo, con contidos audiovisuais sobre “A Xente do Mar” e a pesca.
  3. Visitas guiadas ao porto: Percorridos supervisados que permiten coñecer a actividade pesqueira e o funcionamento do porto.
  4. Comunicación e marketing: Difusión do produto mediante murais, vallas publicitarias, folletos e marketing dixital, co obxectivo de dar a coñecer e promocionar a experiencia turística.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación 

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Integración do sector da pesca con outros sectores económicos 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)