
O proxecto ten como finalidade diversificar o sector, mediante a capacitación das persoas profesionais do marisqueo a flote e a posta en marcha de tres propostas divulgativas dirixidas ao marisqueo a pé. Con elas preténdese sensibilizar ás persoas visitantes sobre a importancia e a sustentabilidade do marisqueo tradicional, así como poñer en valor os produtos do mar.
A nova oferta turística vinculada ao marisqueo a pé permitirá ás traballadoras e traballadores do sector dispoñer dunha fonte adicional de ingresos, a través de diversas actividades como rutas guiadas pola costa e polos bancos marisqueiros, obradoiros interactivos sobre as técnicas e o valor ecolóxico do marisqueo, visitas escolares e outras accións formativas e divulgativas.
Esta diversificación turística contribuirá a reducir a presión sobre os bancos marisqueiros, ofrecendo unha alternativa laboral que complemente a actividade extractiva. Deste xeito, mellorarase a calidade de vida das familias marisqueiras ao longo de todo o ano, evitando depender exclusivamente dos períodos e tempadas de extracción.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo principal deste proxecto é, por unha banda, capacitar aos profesionais do marisqueo a flote en pescaturismo e, por outra, crear e poñer en marcha tres itinerarios de turismo mariñeiro vinculados co marisqueo a pé, promovendo o patrimonio cultural e natural. Ambas actividades permitirán garantir a sustentabilidade económica, social e ambiental do sector, diversificando a actividade económica e fomentando a súa integración no ámbito turístico, tanto no marisqueo a flote como a pé.
Obxectivos específicos:
- Diversificar as fontes de ingresos dos/as mariscadores/as.
- Fomentar a profesionalización dos/as mariscadores/as no sector turístico.
- Promover a sustentabilidade ecolóxica do marisqueo a pé e a flote.
- Incrementar a competitividade e visibilidade do sector turístico marisqueiro.
- Impulsar a cooperación e cohesión entre os/as mariscadores/as.
- Fomentar a colaboración entre operadores turísticos.
- Capacitación en pescaturismo para o colectivo do marisqueo a flote.
- Creación de tres itinerarios de turismo mariñeiro para o colectivo do marisqueo a pé.
- Realización de tres probas piloto dos itinerarios, adaptadas a diversos públicos.
- Inscrición das actividades de turismo mariñeiro do colectivo a pé no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT).
- Elaboración de material divulgativo para as actividades de turismo mariñeiro, incluíndo unha imaxe do proxecto, un folleto, un calendario, un vídeo promocional, un roll-up e presenza nas redes sociais.
Ademais, de xeito xeral, o proxecto —único no territorio por ser a primeira iniciativa impulsada polos profesionais do sector como actividade de turismo mariñeiro— terá unha repercusión directa e indirecta na mellora do emprego, na diversificación da oferta local, na posta en valor do patrimonio, da cultura mariñeira e dos espazos naturais, así como na prestación de novos servizos. Tamén favorecerá a colaboración con outras empresas e entidades e a promoción do Xeodestino do territorio (Ría de Muros-Noia).
O proxecto estrutúrase en dúas liñas principais, dirixidas ao marisqueo a flote e ao marisqueo a pé.
Para o marisqueo a flote, realizarase unha capacitación en pescaturismo con cinco sesións que abordan desde o turismo mariñeiro ata a elaboración e presentación dunha visita guiada.
No marisqueo a pé, o proxecto segue catro fases:
- Planificación e organización, coa identificación de recursos patrimoniais, axentes colaboradores, propostas turísticas e público obxectivo.
- Definición e elaboración de tres itinerarios turísticos, desenvolvendo contidos, materiais divulgativos, cumprimento legal, calendario, tarifas e accións de difusión específicas.
- Probas piloto, que inclúen visitas para avaliar e axustar a programación, para garantir unha boa experiencia aos visitantes.
- Implementación definitiva das rutas guiadas e obradoiros de marisqueo en Noia, asegurando a integración sostible das actividades.
Unha vez realizadas e validadas as probas piloto, procede a implementación definitiva das rutas guiadas e dos obradoiros sobre marisqueo en Noia. Esta etapa resulta fundamental para garantir a integración continua e sostible destas actividades no territorio.
|
Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación |
2.1. Integración do sector da pesca con outro sectores económicos
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

