Adquisición dun vehículo industrial novo con etiqueta ECO (gasificación, con caixa isotermizada e destinado á actividade vencellada ao suministro das materias primas e recepción dos moluscos bivalvos vivos na depuradora de moluscos (principalmente a ostra que cultiva en bateas ou viveros flotantes, ameixa, ostra, vieira e mexilón, entre outros).
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- O obxectivo xeneral do proxecto é o mellorar a operativa de transporte e subministración de moluscos bivalvos vivos garantindo maiores niveis de sustentabilidade e seguridade alimentaria, mediante a adquisición dun camión isotermo con etiqueta ECO.
- Optimizar o transporte das materias primas, tanto as adquiridas nas lonxas galegas como a produción de ostra e outros moluscos procedente das súas 10 bateas, reducindo os tempos de traslado ata o centro de depuración e asegurando o mantemento da cadea de frío en condicións controladas e seguras desde a súa orixe ata a descarga e recepción no centro de depuración e expedición.
- Maior eficiencia operativa, reducir diminucións e custos asociados ao transporte, reforzar a competitividade da empresa e contribuír á sustentabilidade ambiental mediante o uso dun vehículo máis eficiente e con menores emisións, en coherencia cos obxectivos do territorio
MELLORA DA FASE DE SUBMINISTRACIÓN EN TERMOS DE SEGURIDADE ALIMENTARIA E SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, pois a diario a súa actividade esixe trasladar o molusco bivalvo vivo desde as lonxas e portos locais ata a súa nave de depuración e o proxecto optimizará esta fase con maior control sobre a cadea de frío para garantir a vida e integridade dos moluscos mediante un transporte dotado de sistema isotermo e máis eficiente, con etiqueta ECO, con menos emisións e maior aforro de recursos (combustible) que supoñerá un avance cara a un modelo máis sostible .
ENGADIR VALOR E CALIDADE Aos seus MOLUSCOS FRESCOS: con maiores garantías da cadea de frío e maior operatividade durante o seu transporte, optimizando a viabilidade dos moluscos bivalvos nas fases previas á súa depuración e con iso a súa seguridade alimentaria.
1.- A materia prima procede tanto das súas bateas de cultivo de moluscos como da adquisición nas lonxas das rías galegas e nas diferentes asociacións e cooperativas existentes nas Rías Baixas. Posteriormente trasládanse á nave-factoría-depuradora onde permanecen un mínimo de 48 horas nos tanques de depuración para asegurar a EXTRACCIÓN da carga microbiolóxica presente nos moluscos de orixe, garantindo as condicións sanitarias para o seu consumo.
2.- O proceso de depuración/transformación serve para eliminar os xermes patóxenos que puidesen existir nos moluscos. A depuración realízase en piscinas ou Bins cunha continua renovación e osixenación da auga de mar, previa cloración. O paso previo ao envasado é a selección do produto. Os moluscos sepáranse en función do seu tamaño, neste proceso revísase o produto refugando impurezas, rotos, etc... Posteriormente trasládase á zona de pesado e envasado nos recipientes correspondentes, dispoñéndose a etiquetaxe, a embalaxe e posterior almacenamento na cámara frigorífica ata a súa saída aos diferentes mercados.
Aumento do valor, creación de emprego, atracción de mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
Promover novos aproveitamentos de recursos a través da economía circular (evitar refugallo alimentario e favorecer procesos baixos en emisións)
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

