
O proxecto ten como finalidade o desenvolvemento dunha iniciativa de turismo mariñeiro sostible no litoral de Carnota, baseada na posta en valor do marisqueo a pé, da extracción tradicional do percebe e do patrimonio cultural e natural asociado ao medio costeiro.
A actuación contempla a realización de experiencias interpretativas e actividades divulgativas sobre o marisqueo e o percebe, así como obradoiros educativos dirixidos á comunidade escolar, co obxectivo de transmitir os coñecementos e valores do sector pesqueiro artesanal, fomentar a sensibilización ambiental e dar a coñecer a importancia da conservación dos ecosistemas costeiros.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é impulsar unha iniciativa de turismo mariñeiro sostible que contribúa á diversificación económica e á creación de emprego local, así como á posta en valor do patrimonio e da identidade mariñeira do territorio e á sensibilización ambiental, reforzando o papel do sector pesqueiro artesanal. O proxecto pretende mellorar a calidade e seguridade das experiencias ofrecidas, favorecer o coñecemento e respecto polo medio mariño, xerar ingresos complementarios compatibles coa actividade extractiva, contribuír ao desenvolvemento da economía azul e favorecer a desestacionalización da actividade turística. Así mesmo, busca promover a transmisión interxeracional dos coñecementos e saberes tradicionais vinculados á actividade pesqueira e ao patrimonio mariñeiro.
A execución do proxecto permitirá consolidar unha oferta estable de turismo mariñeiro vinculada ao marisqueo a pé e á extracción tradicional do percebe, xerando ingresos complementarios compatibles coa actividade pesqueira e contribuíndo á sustentabilidade económica do sector.
Prevese tamén a creación dun posto de traballo a tempo parcial como guía e o mantemento do autoemprego do promotor, así como un incremento da sensibilización ambiental mediante actividades interpretativas, obradoiros educativos e accións de limpeza e conservación do litoral.
O proxecto contribuirá igualmente á dinamización turística sostible de Carnota, á desestacionalización da actividade turística e ao reforzo da economía azul local, garantindo a participación inclusiva de persoas con discapacidade mediante a aplicación de medidas de accesibilidade.
- Realización de experiencias de turismo mariñeiro na praia de Carnota, centradas no coñecemento do marisqueo a pé e da extracción tradicional do percebe, así como na identificación de especies, técnicas de extracción, seguridade, sustentabilidade e valorización da actividade pesqueira artesanal.
- Desenvolvemento de obradoiros de educación ambiental e divulgación do patrimonio mariñeiro en centros educativos, orientados á sensibilización sobre a conservación dos ecosistemas costeiros e á transmisión dos coñecementos e saberes tradicionais vinculados ao sector pesqueiro.
- Adquisición de equipamento e medios necesarios para o desenvolvemento das actividades, incluíndo material de protección e seguridade para participantes e guías, materiais divulgativos e un vehículo eficiente para facilitar os desprazamentos ás zonas de actividade.
- Aplicación de medidas de accesibilidade e inclusión, adaptando as actividades, os itinerarios, a comunicación e o equipamento para facilitar a participación de persoas con discapacidade en condicións de igualdade, seguridade e non discriminación.
Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación
2.1.2. Equipamentos, servizos e promoción de servizos de turismo mariñeiro que impliquen a interacción cos profesionais do sector da pesca
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

