Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A mostra 'O Océano que nos une' fai parada en Fisterra

 

A exposición itinerante “O océano que nos une”, na que participa o GALP Ría de Arousa, continúa o seu percorrido pola costa galega visitando todos os espazos museísticos integrados na Rede REMA.

Nesta ocasión, a mostra recala na lonxa turística de Fisterra (A Coruña). A inauguración terá lugar o vindeiro xoves, 12 de setembro ás 12:00h na sala de exposicións da lonxa.
 
Prégase confirmación de asistencia respondendo por email ainfo@redrema.eu ou ben contactando no teléfono no 636 111 893.
 

Ver como chegar en Google Maps
Paseo da Ribeira, 22
15.555 Fisterra, A Coruña
GPS: 42.906524, -9.261040
 

Se non pode asistir, a exposición estará aberta ao público na lonxa turística, situada no porto da localidade, entre o 12 e o 22 setembro todos os días de 16:00 a 20:00 horas.

Próximas exposicións na web.